Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño quere sumarse ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

Celebrouse unha reunión no Concello, con unha técnica do proxecto, que explicou os distintos pasos do proceso de adhesión e a documentación necesaria para adherirse

O Concello de Tomiño quere sumarse en breve ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, co propósito de contribuír a diminuír os efectos do cambio climático.

 

Os asinantes do Pacto comprométense a adoptar un enfoque integrado á mitigación do cambio climático, preparando, nos primeiros dous anos da súa adhesión, un Plan de Acción para O Clima e a Enerxía Sustentable cos obxectivos de recortar as emisións de CO2 en polo menos un 40 % para o ano 2030.

 

Con este fin, a concelleira  de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, desprazouse até Marín para participar na xornada  de presentación e seguimento, celebrada o pasado día 23. Coma resultado dese primeiro encontro, hoxe realizouse outro no Concello, con unha técnica do proxecto, que explicou os distintos pasos do proceso de adhesión e a documentación necesaria para poder adherirse.

 

A iniciativa inclúe na actualidade, máis de 7000 autoridades locais e rexionais de 57 países que aproveitan os puntos fortes dun movemento que involucra a múltiples actores e conta co apoio técnico e metodolóxico   de oficinas dedicadas.

 

O Pacto Mundial dos Alcaldes aproveita a experiencia obtida durante os últimos 8 anos en Europa e nas rexións circundantes, e desenvolve os factores crave do éxito da iniciativa: o seu goberno desde as bases, o seu modelo de cooperación a varios niveis e o seu patrón de actuación directamente impulsado polo contexto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.