PONTEAREAS
Mobilidade critica o retraso no pintado da avenida Castelao
O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera, criticou o retraso no pintado da Avenida de Castelao por parte da Xunta de Galicia. O edil sinalou que esta situación está creando “serios problemas para a seguridade vial, especialmente para os peóns, pola falta de pintado dos pasos de peóns, pero tamén para os vehículos en zonas de intersección e de refuxios para realizar xiros”. A Avenida de Castelao é unha arteria principal da rede viaria urbana, cunha grande densidade de poboación e de tráfico.
Mera lembrou que o asfaltado se concluíu hai varias semanas e que desde entón houbo días dabondo con boas condicións climáticas para facer o pintado. “Desde a concellaría de Tráfico contactouse coa empresa para que aproveitase eses días, pero alegaron que se atopaban noutro concello facendo outras obras, pospoñendo o pintado que agora non poden realizar mentres se manteña a choiva”.
O concelleiro sinala que comparte o malestar da veciñanza e explica que “desde o Concello estamos vixilantes para que por parte da Xunta se realice o pintado no primeiro día que as condicións meteorolóxicas o permitan”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163