Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 01 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Os socialistas denuncian "o caos na sanidade pública"

Os candidatos ao Congreso Jorge María e ao Senado Marica Adrio rexeitan os insultos de Telmo Martín aos partidos que denuncian os recortes e pregúntanse se Feijoo tamén ten pensado culpar ao Goberno central

A candidatura do PSdeG-PSOE por Pontevedra denunciou o caos e o abandono na rede de Atención Primaria da sanidade pública cunha visita ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar, en Sanxenxo, e ao Centro de Saúde de Barro.

 

A visita a Sanxenxo estivo encabezada polo candidato ao Congreso Jorge María e a candidata ao Senado Marica Adrio. Con eles, a portavoz municipal socialista Ainhoa Fervenza; o concelleiro Fernando Otero e os militantes Germán Feijoo e Manuel Villalustre.

 

A comitiva socialista compareceu diante do PAC, onde recibiu o apoio de numerosos usuarios do centro de saúde. Durante o acto amosáronse uns carteis coa lenda “Populistas de mierda”, en alusión ás recentes declaracións do alcalde  de Sanxenxo, Telmo Martín, nas que insultaba ás formacións políticas, aos profesionais da saúde e ás persoas que defenden a sanidade universal, pública e gratuíta.

 

Jorge María preguntouse que cualificativo merecería o propio Telmo Martín, “un alcalde que pon os intereses de Feijoo e os recortes do PP por enriba dos intereses e a sanidade dos seus propios veciños”. “O sorprendente”, engadiu Jorge María, “é que Feijoo non utilizara o seu habitual recurso de culpar ao Goberno central, como fai en tantos outros asuntos que son competencia da Xunta”. O candidato ao Congreso lembrou que nesta provincia xa morreron dúas persoas en incidentes relacionados co mal funcionamento da sanidade e os socialistas evitaron facer demagoxia ao respecto, toda vez que os incidentes cualifícanse por si mesmos.

 

Paralelamente ao acto de Sanxenxo, o candidato ao Congreso Guillermo Meijón, acompañado da deputada autonómica María Pierres e o portavoz socialista en Barro, José Sanmartín, compareceu nesta localidade da provincia para apoiar aos traballadores do Centro de Saúde na denuncia do estado de abandono das instalacións e a falta de recursos humanos.

 

O Centro de Saúde de Barro atópase en pésimas condicións, o que provoca numerosas queixas dos usuarios. O persoal sanitario e a veciñanza celebran concentracións tódolos xoves co habitual apoio dos socialistas locais.

 

Os centros de saúde de Baltar e Barro, ao igual que os de boa parte de Galicia, padecen os problemas derivados da falta de substitución dos médicos en vacacións ou a tardanza en cubrir as vacantes por enfermidade ou por xubilación, como por exemplo, está a suceder no PAC de Baltar onde vén de retirarse un dos dous pediatras. Este centro é tamén unha referencia de mala calidade na atención pola súa saturación durante o verán, cando a poboación crece exponencialmente.

 

“Estivemos neses dous centros de saúde como puidemos estar en calquera pobo ou vila da nosa provincia, onde estes problemas se reproducen”, recalcou Jorge María, quen lembrou que onte mesmo en Cuntis houbo onte, xoves, unha manifestación de protesta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.