PROVINCIA
Máis de 500 persoas gozarán esta semana do programa "Depotermal 2019"
![[Img #57624]](https://xornal21.com/upload/images/11_2019/1985_depotermal-922x250_depotermal.jpg)
Un total de 520 persoas de catorce concellos da provincia gozarán esta primeira semana de novembro do programa “Depotermal” organizado pola Deputación de Pontevedra, nas dúas modalidades diurna e outra con pernoita. Nesta ocasión serán veciñas e veciños dos concellos de Poio, Meis, Portas, Caldas de Reis, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño, Meis, Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas e Pontevedra os que coñezan os beneficios do termalismo.
Por unha banda, a modalidade diurna contará con 26 veciñas e veciños de Poio, 20 de Meis, 5 de Portas e 4 de Caldas de Reis que gozarán de “Depotermal” no establecemento Termas de Cuntis. Ademais, 18 persoas da Illa de Arousa, 14 de Cambados, 7 de Ribadumia, 11 de Meaño e 8 de Meis achegaranse ás instalacións do Eurostars Isla de la Toja. En total, serán 113 as persoas que participen a primeira semana de novembro na modalidade diurna de “Depotermal”.
Por outra banda, a modalidade con pernoita contará con 94 veciñas e veciños de Vigo que se aloxarán no Hotel Talaso de Sanxenxo e 44 que irán ao Hotel Galatea de Portonovo, 38 de Redondela que o farán no Hotel Novo Astur de Sanxenxo, 40 do Porriño que visitarán o Hotel Louxo La Toja, 79 canguesas e cangueses que acudirán ao Hotel Carlos I de Sanxenxo e 112 habitantes da capital da provincia que se aloxarán no Hotel Modariz. En total serán 407 as persoas que se gozarán entre o 3 e o 8 de novembro do termalismo con estancias de seis días e cinco noites.
O programa de termalismo e saúde da Deputación está dirixido a persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 1969 e ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida da veciñanza da provincia, así como impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado de ánimo, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. “Depotermal” permite tamén dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.
Este ano, un total de 4.419 persoas vanse beneficiar do programa termal, das que 1.186 o farán en asistencia diúrna (durante cinco días consecutivos) e 3.233 pers0as con pernoita (cunha estancia de seis días e cinco noites).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184