O PORRIÑO
Recortes Cero-Grupo Verde reclama desde O Porriño estar nos debates electorais
Desde O Porriño, onde Recortes Cero-Grupo Verde celebrou un acto de campaña, Pastora Fermández, cabeza de lista por Pontevedra, defendeu que “o máis significativo do primeiro debate televisado entre os candidatos dos sete grandes partidos, non foi o que vimos, senón o que non se dixo”. Segundo Pastora Fernández “ninguén falou de redistribución da riqueza, e ninguén denunciou que “Máis procés é máis recortes””, en referencia á campaña que a coalición lanzou en todo o país, “pola unidade do pobo en toda España fronte aos recortes”.
“É necesaria a presenza de Recortes Cero-Grupo Verde, para que estas posicións, que comparte moita xente de esquerdas e moitos progresistas, estean presentes” asegurou a cabeza de lista, remarcando que “Gabriel Rufían presentouse como defensor do diálogo, pero ninguén lle recordou que intentaron impoñer de forma antidemocrática unha independencia unilateral co apoio de só un terzo do censo”. En referencia á intervención do portavoz de ERC, asegurou que “mentres defendía “medidas sociais” ninguén denunciaba que os gobernos do procés executaron máis recortes sociais que Esperanza Aguirre, e mentres sinalaba “o perigo de que a dereita goberne en España” ninguén lle recordaba que ERC sosteñen a Torra, representante do pensamento máis xenófobo, como president da Generalitat”.
No mesmo acto, Carlos Vázquez, candidato ao Senado chamou a atención sobre que “no debate de onte ninguén defendeu realmente a redistribución da riqueza, malia que un informe acaba de revelar que o 1% máis rico en España posúe o 47% de toda a riqueza financeira”. Carlos Vázquez asegurou na súa intervención que “en España hai diñeiro, o problema é quen llo queda, só fai falta vontade política para impulsar medidas de redistribución da riqueza”.
Recortes Cero-Grupo Verde propón unha moratoria e unha auditoría da débeda para “acabar co atraco da débeda, unha reivindicación do 15-M hoxe silenciada que serviría para revertir todos os recortes en sanidade, educación, ciencia e cultura”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149