GALICIA
Feijóo reitera á directiva de Conxemar o compromiso de ampliar o Ifevi
Lembra que o 1 de outubro, ao termo da inauguración de Conxemar 2019, a Xunta asumiu o compromiso da nova ampliación, co obxectivo de ter antes do Nadal un proxecto construtivo
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou hoxe á directiva de Conxemar o compromiso da Xunta de iniciar a nova ampliación de Ifevi, inmediatamente, despois de obter a licenza de obra por parte do Concello. “Se temos a licenza e podemos empezar a construír a obra farémolo inmediatamente despois de obtela”, aseverou.
Durante a xuntanza, Feijóo trasladou á asociación os prazos récord nos que a Administración autonómica está a traballar. Ao respecto, lembrou que o 1 de outubro, ao termo da inauguración de Conxemar 2019, a Xunta asumiu o compromiso da nova ampliación; “o día 2 empezou a tramitación e o 17 de outubro incluíuse nos orzamentos para o ano que vén” explicou.
Logo de salientar que o 21 do mes pasado se publicou o concurso de redacción do proxecto básico, Feijóo avanzou que o vindeiro 6 de novembro rematará o prazo de presentación das ofertas e o día 15 de novembro procederase a adxudicación do proxecto, “co prazo de execución dun mes”, matizou, incidindo en que “isto significa que antes do Nadal teremos un proxecto construtivo para a nova ampliación”.
Salienta que o 17 de outubro se incluíu a obra nos orzamentos para o ano que vén e asegura que todo o diñeiro que sexa necesario para finalizar a obra o vindeiro ano se executará e xestionará
O presidente do Goberno galego asegurou que, despois disto, “a Xunta se dirixirá ao Concello para ver se pode dar unha licenza directa e empezar así a obra de forma inmediata, xa sexa en xaneiro ou febreiro”, garantiu, facendo fincapé en que o compromiso da Administración autonómica e entregar a ampliación para a feira Conxemar 2020.
“Este é o compromiso que depende da Xunta. Todo aquelo que dependa da Administración autonómica estará operativo para Conxemar 2020”, abundou, asegurando que todo o diñeiro que sexa necesario para finalizar a obra o vindeiro ano se executará e xestionará: “Todo, o 100%”, recalcou.
Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu en que en canto se obteña a licenza por parte do Concello e se leve a cabo a expropiación dos terreos comezaranse as obras.
“Pola nosa parte temos o diñeiro necesario para ampliar o Ifevi e entregalo antes da próxima feira, solicitaremos a licenza ao Concello a mediados do mes de decembro e, obtida a licenza e o solo, empezaremos a obra de forma inmediata para entregar á cidade de Vigo os 5.000 m2 necesarios”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186