Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Regades pon en valor as sinerxias das administracións socialistas na Guarda

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Pontevedra visitou esta mañá o proxecto de consolidación do xacemento de Mergelina, no que colaboraron Ministerio de Fomento e Deputación

O secretario xeral do PsdG-PSOE de Pontevedra, David Regades, desprazouse esta mañá ata A Guarda, acompañado polo candidato ao Congreso, Guillermo Meijón e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para coñecer de primeira man os proxecto estatais que se están levando adiante no municipio. Acompañados do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, concelleiros e membros da agrupación local, visitaron en primeira instancia o xacemento arqueolóxico do "barrio de Mergelina", en Santa Trega, que foi obxecto dun proxecto de escavación e consolidación, que xa está rematado, pendente tan só da musealización do que é considerado un dos castros máis importantes do noroeste peninsular.


“Con estas accións, levadas adiante en virtude do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra e no que tamén se está traballando noutros 18 castros de toda a provincia, avanzamos na posta en valor do noso patrimonio, apostando pola nosa cultura e por un punto de especial importancia coma este castro”, explicou o secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, algo que destacou tamén o alcalde da Guarda, quen fixo fincapé na sensibilidade do goberno da provincia e do Estado para levar adiante este proxecto singular.


Escolleira na Lamiña
Tras esta primeira visita, desprazáronse ata a praia da Lamiña, en Camposancos, onde este ano o Ministerio de Transición Ecolóxica aprobou a execución dun espigón para frear a erosión que estaba afectando ao sistema dunar desta zona, un proxecto que aínda non está en marcha pero no que se avanzou nestes últimos meses.


Mentres o proxecto remata os seus trámites administrativos, o avance da erosión fixo preciso actuar de xeito urxente para evitar a desaparición deste espazo, catalogado como protexido dentro da Rede Natura 2000, polo que desde a Subdelegación do Goberno e o Concello da Guarda impulsouse a execución dunha escolleira que xa se está facendo nestes días. A escolleira de 100 metros de longo se está levando adiante de tal xeito que logo se poda revertir totalmente, empregando para iso materiais adecuados que non afecten á contorna, segundo explicou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba.

 
O investimento desta escolleira é de 125 mil euros e prevese que estea rematada en menos dun mes, “grazas á axilización dos trámites que levamos adiante para conseguir os informes favorables tanto pola parte galega, española como portuguesa”, explicou a subdelegada. Larriba tamén fixo fincapé en que o proxecto definitivo segue avanzando e prevese que a redacción do proxecto estea rematada a comezos do ano que vén, cun investimento de dous millóns de euros e vai ser o que definitivamente resolva este problema.


Revalorización das pensións, especialmente das de viudedade
Tanto Maica Larriba como o candidato ao Congreso, Guillermo Meijón, coincidiron en destacar tamén na sua visita á Guarda a importancia das políticas sociais estatais do goberno de Pedro Sánchez. Nomeadamente destacaron as pensións: “neste concello 2.558 pensionistas dos que 681 corresponden á pensións de viuvedade, que son as que máis se revalorizaron coa suba das base de cotización pensións que fixo o goberno de Pedro Sánchez e que supuxo unha revalorización das pensións nunha media do 7% nun primeiro momento coa suba do 52 ao 56% e logo, en decembro, coa nova actualización do 56% ao 60%, o que supuxo outra suba do 7%”. Meijón tamén destacou que as pensións máis baixas tamén subiron unha media do 3% mentres que o resto subiron co IPC, o que supuxo unha suba media do 1,6%, moi por enriba da suba do 0,25% que fixo o Partido Popular durante os anos 2018 e 2019”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.