NIGRÁN
Concello e Aqualia poñen en servizo a nova rede de abastecemento en Parada
Máis de 500 familias dos barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda en Parada e Castelo, A Lama e O Rial, en Camos, poden solicitar xa en Aqualia a conexión a esta nova rede pública
O Concello de Nigrán, a través da súa concesionaria Aqualia, puxo a semana pasada en funcionamento a nova rede de abastecemento municipal de auga que prové a boa parte de Parada (barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda) e que chega a Camos (barrios de Castelo, A Lama e O Rial e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332, rúa dos Pazos). O subministro é xa efectivo tras recibir a autorización sanitaria definitiva da Consellería a inicios de mes. En total, máis de 500 familias beneficiadas desta actuación poden solicitar xa nas oficinas de Aqualia en Nigrán (Avda. Val Miñor, 2) a súa conexión á rede pública (todas agás as vivendas situadas en Nandín despois da ponte da autoestrada, neste caso o Concello está pendente de que a compañía eléctrica dea subministro). A actuación, cun orzamento de 350.000 euros para dotar de abastecemento e 70.000 para instalar o saneamento na zona, foi financiada integramente por Aqualia froito dun acordo co Concello.
Esta ampliación púidose levar a cabo despois de que Augas de Galicia instalase unha canalización xeral que discorre ao longo de 2.500 metros desde o torreiro de As Angustias ata o Centro Cultural A Camoesa (PO-332, rúa dos Pazos) e que posibilita agora conectar estas novas redes secundarias ás poboacións da zona. A nova canalización, de máis de 5.000 metros, realizouse con conexións directas á tubaxe xeral instalada na PO-332 e, ao mesmo tempo, foi necesario instalar unha bomba de impulsión que permite elevar a auga á parte máis alta (Nandín).
As obras, cun orzamento de 350.000 euros e 70.000 € para o saneamento, foron financiadas integramente pola concesionaria tras chegar a un acordo co Concello
Esta obra, sumada á outra de abastecemento a Parada polo barrio da Carrasca (concluídas no 2018 e cun investimento de 457.000 € por parte do Concello) permiten ofrecer subministro público de auga a practicamente á totalidade da parroquia e, por vez primeira, chegar a Camos (parte baixa).
"O Concello ten un compromiso total e absoluto por ampliar a rede de abastecemento e de saneamento a tódalas parroquias e por iso traballamos firmes nesa dirección; é algo básico para a veciñanza, máximo en tempos de seca como os que sabemos imos a seguir afrontando, xa que moitas familias da zona ata agora dependían exclusivamente da auga do pozo e das traídas comunais", insiste Juan González, alcalde de Nigrán. Ademais, dáse a circunstancia de que nestas parroquias a necesidade de auga potable vese incrementada exponencialmente polo aumento de poboación nos últimos anos, coa previsión de que siga multiplicándose.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213