VIGO
O Concello adxudica as obras de humanización da Ronda de Don Bosco
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo ven de aprobar a adxudicación das obras de reforma da rúa Ronda de Don Bosco, na que o goberno local acometerá a transformación dos xardíns e a redución da velocidade para os vehículos. Ademais, a rúa María Auxiliadora pasará a ser peonil
A licitación da reforma é de 1,8 millóns e o proxecto inclúe a humanización desde a rúa Progreso ata Velázquez Moreno, e entre Eduardo Iglesias e o Paseo de Granada. O proxecto ten como foco principal a transformación do xardín situado fronte á igrexa de María Auxiliadora para converter a zona en semipeonil.
Coa reforma da rúa o Concello dará prioridade aos peóns e limitará a velocidade do tráfico rodado a 20 quilómetros por hora. Tamén se levará a cabo a peonalización da rúa María Auxiliadora e a renovación da praza, con maior superficie.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26