Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 10 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta publica as expropiacións para a mellora da seguridade viaria na estrada PO-551

Nas vindeiras semanas a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará o levantamento de actas previas para iniciar as obras no ano 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar esta semana no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para  a execución do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada PO-551, ao seu paso polos Concellos de Bueu e Marín, cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros.

 

O Decreto de utilidade pública comprende as expropiacións das 32 fincas necesarias para a mellora da seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica, sendo as actuacións máis importantes a construción de dúas novas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu, e a mellora dunha intersección no termo municipal de Marín.

 

Trátase dun proxecto que define actuacións para a mellora da seguridade viaria Galicia 2016-2020, redactado no marco da estratexia que está a desenvolver a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para intentar reducir os “puntos negros” da rede autonómica de estradas.

 

Nas vindeiras semanas a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará o levantamento de actas previas, e a licitación das obras se prevé para este ano ou principios do seguinte, para executar as mesmas no 2020.

 

Entre as actuación previstas nesta estrada destacan como actuación máis importantes a execución de dúas novas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu, así como a mellora dunha intersección no concello de Marín.

 

 

 

 

Na intervención inclúese a execución dunha senda que dará continuidade ata o acceso á praia de Lapamán

 

 

 

 

 

Máis en detalle, como principias intervencións proxectadas  están a mellora de interseccións, destacando a construción de dúas glorietas no acceso á praia de Lapamán e na intersección coa estrada provincial EP-1304, e a mellora da intersección de acceso á Praia de Agrelo, no punto quilométrico 8+950. Na intervención inclúese a  execución dunha senda que dará continuidade ata o acceso á praia de Lapamán.

 

Tamén se reforzará a sinalización dos pasos de peóns existentes nas parroquias de Cela e Bueu, coa instalación de semáforos con pulsador en dous deles e sinalización luminosa nos restantes. Estas actuacións incluíronse no proxecto a pesar de non atoparse os pasos de peóns no treito cualificado coma TCA, pola súa conflitividade.

 

Outras actuacións complementarias serán a instalación de captafaros, a substitución dos postes das barreiras por outros menos lesivos e renovación da sinalización horizontal.

 

Incorporación de melloras no proceso de información pública
Tras a análise das alegacións presentadas, o proxecto incorporou ademais novas melloras nesta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta.

 

En concreto, introduce o cambio de configuración na glorieta de Agrelo, que se desprazou á intersección contigua da inicialmente prevista para reducir a súa afección. Tamén  na glorieta de Lapamán se realizou un axuste para reducir ocupación, pero de menor entidade, e se mellorou a conexión peonil coa vía de baixada á praia, habilitando ademais unha nova zona de aparcamento.

 

A maiores inclúese na actuación a  mellora da intersección do punto quilométrico 7+320, no Concello de Marín mediante a execución dunha cuña de saída que mellora a visibilidade e a seguridade.

 

Plan de Seguridade Viaria
Esta actuación enmárcase no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, que o departamento de Infraestruturas da Xunta  está a desenvolver  para  reducir a accidentalidade dos tramos de concentración de accidentes das estradas de titularidade autonómica, estando prevista a execución de actuacións que superarán os 15 millóns de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.