PROVINCIA
O catálogo “Mulleres do Silencio” para visibilizar o talento das artistas galegas do século XX
A institución provincial editou mil exemplares do catálogo, que será presentado a semana que vén en Pontevedra e Vigo
A Deputación de Pontevedra presentará a próxima semana en Vigo e Pontevedra o catálogo “Mulleres do Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz”, baseado na exposición que tivo lugar no MARCO entre outubro de 2016 e abril de 2017 na que se visibilizou a obra e traxectoria de 19 artistas galegas vinculadas á pintura.
A presidenta Carmela Silva, acompañada de Rosario Sarmiento, comisaria da exposición e promotora do catálogo, sinalou que “o obxectivo é visibilizar o talento das mulleres historicamente ocultas durante séculos, neste caso das artistas galegas do século XX, posto que a historia da arte foise construíndo cunha mirada masculina e obviando e dificultando que as mulleres puidéramos participar activamente no mundo da cultura”.
Carmela Silva: “falamos dunha obra de recoñecemento a grandes mulleres da cultura en Galicia que tanto teñen aportado e que foron historicamente ocultadas”
As presentacións desta publicación terán lugar o mércores 13 ás 19:00 horas no Palacete das Mendoza, en Pontevedra, e o venres 15 ás 18:00 horas na Biblioteca do Marco, en Vigo. A Deputación editou xa mil exemplares do catálogo e, tal e como sinalou Silva, iranse “reeditando porque queremos que cheguen a todas as casas e centros educativos da provincia como unha acción máis de recoñecemento do que teñen aportado tantas grandes mulleres da cultura, neste caso da pintura”. Nesta peza ponse en valor o traballo de artistas como Maruja Mallo, María Victoria de la Fuente, Beatriz Rey, Soledad Penalta ou Menchu Lamas, “precursoras de moitas artistas de hoxe cando en Galicia vivimos toda unha revolución cultural que ten nome de muller”.
Aínda que no eido da arte avanzamos cara á igualdade, o camiño tamén é longo. De feito, Rosario Sarmiento aportou un dato revelador de que “as mulleres son o 70% do alumnado nas escolas de Belas Artes mais “cando estas artistas rematan os seus estudos con brillantes cualificacións e chegan o mundo profesional, só teñen o 30% dos espazos profesionais para poder desenrolar o seu traballo”. Sarmiento quixo salientar que, deste xeito, é difícil que as mulleres “formen parte das direccións das grandes galerías de arte que son as que marcan as pautas do mercado e mentres esa situación de desigualade siga temos que seguir loitando día a día”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184