Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP urxe a acondicionar a prolongación da Rúa Navuxil e a ponte da A-52

O estado en que se atopa o que é un dos principais accesos ao centro urbano, utilizado a diario por centos de persoas para acceder aos centros escolares, pavillón municipal e Centro de Saúde, supón un risco para a seguridade de vehículos e peóns

O grupo municipal do Partido Popular reclamou hoxe a mellora e acondicionamento urxente dun dos principais accesos ao centro urbano do Porriño. Trátase da prolongación da Rúa Navuxil e a rúa da Risca, especialmente a ponte que cruza a autovía A-52.

 

"A escasa seguridade viaria desta zona que soporta un intenso tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns, require medidas urxentes", apuntou o portavoz, Alejandro Lorenzo,  "Falamos dun dos principais accesos ao centro urbano, utilizado a diario por miles de persoas para acceder a dous colexios e ao instituto , así como ao pavillón e ao Centro de Saúde. As condicións actuais supoñen un evidente risco que debe ser liquidado de inmediato".

 

E é que o mal estado do firme, con gretas de profundidade no pavimento e fochancas, evidencia o deixamento do goberno municipal e a falta de mantemento que se require para o bo estado destas infraestruturas. Hai que sumar a falta de beirarrúas que dificulta a mobilidade e pon en risco a seguridade dos peóns.

 

 

 

 

Desde o PP fan extensiva esta reclamación ao resto de viais de todo o termo municipal que presentan un evidente estado de abandono sendo, en moitos puntos, intransitables

 

 

 

 

Os populares apuntan tamén ao mal estado do firme da ponte que cruza a A-52 e das xuntas de dilatación, polo que instan o Goberno Municipal a realizar as xestións necesarias de maneira urxente para garantir a seguridade desta infraestrutura.

 

"O estado de abandono das estradas en todo o municipio é evidente", concluíu Lorenzo, "Os viais e camiños das parroquias son en moitos puntos intransitables e requiren a inmediata execución de obras de mellora. Esta petición non é nova, levamos reclamando que se tomen medidas neste sentido sen que en ningún caso se vexan atendidas as nosas reclamacións, que son as dos veciños e veciñas de Porriño que cumpren coa súa parte pagando os seus impostos".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.