Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño arranxa catro camiños municipais en varias parroquias do municipio

As obras, cun custe de 70.592,36€, foron financiadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural)

O Concello de Tomiño na súa procura de mellorar a rede municipal de estradas, reparando as pistas asfaltadas e pavimentando as que se atopan en terra, vanse arranxar catro camiños municipais nas parroquias de Santa Mª de Tebra, Tomiño, Amorín e Vilameán.

 

As accións, financiadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) con 58.340,79€, máis 12.251,57€ de IVE, achegado polo Concello (total 70.592,36€), encádranse dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais (Plan Marco) 2019-2020.

 

Dada a ampla superficie do concello de Tomiño, e o gran número de estradas existentes (máis de 500 km.), a tarefa de mantelas todas en perfecto estado supón un elevado custe. “Cando xorden estas axudas sempre son benvidas, aínda que as contías son moi reducidas para concellos coma o de Tomiño que ten un territorio moi rural”, explica o concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto.

 

As obras incluídas no proxecto consisten, concretamente, na mellora e pavimentación de catro camiños municipais. O primeiro deles é un camiño entre Ponteciña e Carballal, na parroquia de Santa Mª de Tebra; o segundo, entre Salgosa e Pé do Monte, na parroquia de Tomiño; o terceiro atópase en Carregal Darriba, na parroquia de Amorín, e o último é o camiño de Ral, na parroquia de Vilameán, o que supón 1500 metros de viarios.

 

Todos estes camiños atópanse pavimentados con aglomerado e formigón, e despois de levar a cabo obras de canalizacións e o momento de mellorar a capa de rodadura, xa que son moi transitados. Asemade, vaise levar a cabo unha limpeza de marxes ao longo de todos os camiños e tamén a posta en cota das arquetas. Ao ser unha obra bianual, unha parte executarase este ano e o resto no 2020.A empresa adxudicataria é Covsa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.