Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Jueves, 14 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Axudas aos colectivos na realización de pequenas obras de interese veciñal

A convocatoria que se publicará no B.O.P contempla 10.000€ para as asociacións que non se benefician dos máis de 300.000€ que o concello destina a axudas a distintos tipos de colectivos

O concello de Ponteareas ven de publicar as bases da subvención para investimentos destinada a colectivos de interese veciñal (asociacións veciñais, asociacións culturais e comunidades de montes). O prazo para solicitar estas axudas comezará a contar ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e será de 7 días naturais.


Coa finalidade de dinamizar o asociacionismo e colaborar na realización de pequenas obras de interese veciñal ou na adquisición de mobiliario e equipamentos o concello de Ponteareas destinará un total de 10.000€ para os colectivos que non reciben outro tipo de axudas.


Esta liña de axudas súmase aos 306.600€ cos que o concello subvenciona outros colectivos e asociacións.
A axuda económica que se conceda nesta subvención poderá acadar ata o 80% do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 3.000 euros para a realización de obras e de 1.500 euros para dotación de equipamentos.


Os colectivos interesados xa poden ir consultando as bases na páxina web do concello na pestaña “axudas e subvencións” ou directamente neste enlace

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.