Provincia
O Pazo provincial tíngese de azul para sumarse ao Día Mundial da Diabetes
A Deputación de Pontevedra iluminará de cor azul o Pazo provincial desde as 19:00 horas do mércores 13 e ata a mañá do xoves 14 para unirse á celebración do Día Mundial da Diabetes, que se conmemora o 14 de novembro. Deste xeito, a institución provincial amosa o seu apoio aos actos promovidos pola Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes de Galicia (ANEDIA).
Entre as iniciativas levadas a cabo por Anedia para concienciar e sensibilizar á poboación, destaca a realización da sexta edición da Milla Solidaria Anedia, que terá lugar o sábado 16 a partir das 16:30 horas diante do Pazo provincial. Neste eido, a Deputación tamén colabora con esta carreira mediante a iluminación en cor branco da meta e as escalinatas do pazo, para garantir de seguridade o espazo.
O Día Mundial da Diabetes vense celebrando desde 1991, cando a Federación Internacional de Diabetes e a Organización Mundial da Saúde escolleron o 14 de novembro para lembrar o aniversario de Frederick Banting, quen, xunto con Charles Best, tivo a idea que lles conduciría ao descubrimento da insulina, en outubro de 1921. En decembro de 2006 a ONU aprobou unha resolución que incluía esta data no seu calendario de días oficiais da saúde, sumándose así á súa celebración a partir de 2007.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184