PROVINCIA
O Parque Illas Atlánticas de Galicia conta co seu primeiro plan de autoprotección
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta semana este documento elaborado co fin de xerar unha organización e pautas de actuacións ante circunstancias de emerxencia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta semana que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural xa ten elaborado o primeiro Plan de autoprotección do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, co que se pretende garantir a xestión das situacións de emerxencia que poidan acontecer nas illas do parque, é dicir, dotar a este espazo natural dunhas ferramentas de planificación propias que melloren a capacidade de resposta e facer fronte ás posibles emerxencias que puidesen presentarse.
Tal e como sinalou a conselleira na xornada técnica de presentación deste documento, o feito de que Illas Atlánticas conte cun plan de autoprotección é de gran importancia para poder establecer os recursos humanos e materiais necesarios, así como as secuencias de acción que os grupos de intervención levarán a cabo para conseguir unha xestión eficaz das situacións de emerxencia que se puideran dar dentro dos límites do parque nacional. Trátase pois de dar unhas pautas e de xerar unha organización ante unha situación de emerxencia.
A conselleira de Medio Ambiente destacou que grazas a este documento dase resposta a cuestións de moita importancia para a conservación e protección dos valores das illas que conforman o único parque nacional en Galicia, como a fixar as actuacións ante un risco de incendio ou calquera outro incidente que poña en perigo a persoas, actividades e bens materiais ou naturais.
Ángeles Vázquez recorda que unha das novidades do primeiro Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional era dispoñer dun plan de autoprotección, para dotalo de ferramentas de planificación que melloren a capacidade de resposta ante posibles emerxencias
Sinalou que o plan de autoprotección é o documento co que se garante a intervención inmediata dos distintos grupos de accións e persoas implicadas, así como permite a coordinación e intervención inmediata das axudas externas.
Ángeles Vázquez destacou que neste plan tamén se determinan as responsabilidades e manda para cada unha das emerxencias que poidan acontecer, así como os procedementos de comunicación e coordinación entre os grupos operativos. Esta funcionalidade será posible grazas á organización e adestramento dun equipo humano cunhas funcións específicas, a mellora dos medios materiais para a intervención e a programación periódica de simulacros e exercicios que permitan incrementar o grao de eficiencia na neutralización das posibles ameazas internas ou externas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recordou que o plan de autoprotección é unha das novidades que se estableceu coa aprobación do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta a finais de decembro de 2018 e que entrou en vigor a comezos deste mesmo ano, e que rexerá durante a vindeira década no único parque nacional presente na Comunidade Autónoma.
Reiterou que un PRUX, e o do Parque Nacional en particular, é un claro recoñecemento ao traballo realizado para dotar a este espazo natural único en Galicia dunha folla de ruta na que se detallan os obxectivos e os criterios de xestión, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184