Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Dez estudantes de pontevedra acadan os Premios Extraordinarios de ESO

O galardón valora o esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema educativo galego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico correspondente ao curso 2018-19, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia.

 

Estes galardóns, instaurados con carácter anual,  teñen como finalidade valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou ESO no sistema educativo galego cun excelente aproveitamento académico.

 

Nesta edición, na provincia de Pontevedra os 10 premios recaeron en Ariadna Lorenzo Poncela e Lucía Cuíña Moreira do IES Sánchez Cantón (Pontevedra); Ibai Otero Gómez do IES Francisco Asorey (Cambados); Claudia Gómez Lomba do IES A Sangriña (A Guarda); Pedro Rodríguez Viñas do CPR Plurilingüe Mariano (Vigo); Xavier Graña Lobeira do IES Illa de Ons (Bueu); Andrea Ferrer Muñiz do IES de Poio; Celtia Castelo Gajino do CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra); Emilia Alario Pastoriza do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); e Noa Comesaña González do IES de Beade (Vigo).

 

En total outorgáronse 20 premios extraordinarios (a razón de 8 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 10 en Pontevedra) para o alumnado que finalizou os seus estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Todos os premiados obtiveron unha media das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9, e deles, o 45 por cento obtivo unha nota media de entre 9,75 e 10; o 50 por cento de entre 9,25 e 9,75; e o 5 por cento restante de entre 9 e 9,25.

 

Cada premio está dotado cunha contía de 750€ e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.