Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policia Local atende un conductor en parada cardíaca

Axentes da Policía Local salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. Cando a Policía Local recibiu aviso do sinistro acudiron dous coches patrulla e atoparon ó conductor accidentado en parada cardíaca. Os axentes acadaron estabiliza-lo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requiriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ó Centro de Saúde  a recoller ó personal facultativo e leva-lo ata o lugar do sinistro.


O ferido foi finalmente trasladado ó Hospital Alvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns paado cando aconteceu o sinistro.


O Concello ten que suliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concelleiría de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.