REDONDELA
A Xunta asegura que destinou máis de 811.000 euros para o Concello de Redondela
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta semana os traballos de acondicionamento do parque infantil multiusos do Piñeiral
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta semana o concello de Redondela que nos últimos anos ten recibido máis de 811.000 euros en axudas do Goberno galego para levar a cabo diversas actuacións no municipio.
Marta Fernández-Tapias, acompañada da alcaldesa, Digna Rivas, comprobou in situ as obras de acondicionamento do parque infantil multiusos do Piñeiral, que contaron este ano cunha subvención da Orde de Infraestruturas de uso público da Vicepresidencia da Xunta de case 35.000 euros. Os traballos inclúen o acondicionamento e a reparación de parte dos xogos existentes e a incorporación doutros novos, así como a colocación dun novo valado, a preparación dun pavimento de céspede artificial e a formación dunha montaña para saltarinas con solo continuo.
O Concello de Redondela tamén recibiu este ano unha aportación de 29.729 euros no marco das axudas do Fondo de Compensación Ambiental que se investirán na reforma da instalación do alumeado público na rúa Pai Crespo.
Estas obras supuxeron un investimento de case 35.000 euros ao abeiro das subvencións da Orde de Infraestruturas de uso público da Vicepresidencia
O Goberno galego mantén un diálogo fluído cos concellos galegos, en tanto que son a administración máis próxima á cidadanía. Por iso, a Xunta habilita distintas convocatorias de axudas para as entidades locais, como a Orde de infraestruturas de uso público na que se integra este proxecto, unha liña de subvencións a través da que xa se levaron a cabo melloras noutros parques do concello.
A Orde de Infraestruturas de uso público subvenciona, entre outras actuacións, a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; a pavimentación de camiños públicos municipais; así como a construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís, de edificios ou dependencias municipais ou de instalacións deportivas de uso público. Tanto para os inmobles municipais como nos espazos deportivos tamén se financia a dotación de equipamento.
A Xunta destinará o próximo ano un millón de euros ás subvencións para a mellora de infraestruturas municipais, o que supón un 33% máis que este ano, e incluirá na convocatoria unha nova liña para o financiamento da construción de parques infantís cubertos ou a cubrición de parques xa construídos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91