Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As mulleres do mar camiñan cara a paridade nos seus órganos directivos

Solicitan medidas correctoras no sistema de elección para avanzar cara a unha maior participación das mulleres nunhas xuntas nas que a maior parte dos postos son masculinos

A Deputación de Pontevedra deu un novo paso a prol da igualdade efectiva en tódolos ámbitos da vida social. O goberno provincial de Carmela Silva vén de enviar cartas ás Federacións Provincial e Galega de Confrarías de Pesca para trasladarlles as demandas das asociacións de mulleres do mar para que se tomen medidas que favorezan unha maior representación feminina nos seus órganos directivos, consultivos e de representación.

 

A iniciativa toma corpo despois do encontro da presidenta da Deputación coa Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca), que aglutina a 21 asociacións de toda España e representa a máis de 10.000 mulleres do sector. Esta asociación ten entre os seus obxectivos a visibilización das mulleres, o incremento do seu liderado e o impulso á participación efectiva nos órganos representativos, así como fomentar unha sociedade igualitaria e integradora dende a perspectiva de xénero. Esta necesidade tamén foi expresada polo colectivo de mulleres “Mar de Arousa”, nun encontro coa presidenta provincial. Esta asociación, que naceu para defender os dereitos das traballadoras do mar e esixir a súa presenza en postos de responsabilidade, integra a mariscadoras, percebeiras, traballadoras da conserva, empresarias e algunha directiva.

 

No escrito que o goberno da Deputación remitiu ás federacións provinciais e galega explícase que estamos a asistir a un cambio significativo en canto á participación efectiva das mulleres nos órganos de dirección e participación en tódolos ámbitos sectoriais “que evidencian un gran salto cualitativo na garantía dunha transición rápida cara o ideal de paridade, un cambio ao que o mundo do mar non debería quedar alleo”. Por este motivo traslada as propostas trasladadas por colectivos de mulleres “que pasan por que se analicen medidas para implementar factores correctores no sistema electoral que garantan unha maior cota de participación feminina”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.