Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 16 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP critica os Orzamentos "chegan tarde, son irreais e malos"

"En tan só uns meses de bigoberno, MS e Psoe, mostran cales son as súas prioridades en canto a xestión municipal do Concello de Salceda, vivir todos do Concello, sendo o goberno municipal de toda Galicia co maior custe, tendo en conta orzamento e habitantes” argumenta Santi Davila.

 

Según os populares, "para entender o voto en contra basta con sinalar onde suben e baixan as partidas deste presuposto, educación, un piar básico para o futuro dos salcedenses recibirá 80.000€ menos que no ano 2016. Aqueles que tanto se enchen a falar da educación son os mesmos que agora se encargan de dirixir este área e os mesmos que votan a favor de que, co paso dos anos se lle asignen menos recursos, ao igual que á Axuda no Fogar, que tendo en conta a liquidación do orzamento do ano 2018 e o recoñecemento extraxudicial 1/2019 a partida para este servizo será deficitaria en 254.000€” sinala o portavoz do PP de Salceda.

 

Asemade, "no que respecta a enerxía eléctrica das instalación deportivas, a partida asignada vai ser deficitaria en 29.000€ e a de limpeza destas instalación en 17.500€, servizos importantes para o día a día dos salcedenses” destaca o voceiro popular.

 

 

 

 

"Non favorecen nin a educación, nin a axuda no fogar, nin aumentan o apoio os entes culturasis, deportivos e veciñais"

 

 

 

 

Namentres, o grupo popular pon o acento na suba do gasto en Publicidade e autobombo, sen beneficio os cidadáns, e si consecuencias negativas. Así, o aumento do gasto son as “maiores subidas no presuposto de 2019, sendo xa representativo neste bigoberno, as  áreas de publicidade e propaganda, aumentan un 300% o seu custe en comparación co ano 2016. É un escándalo para un Concello como o noso, ao igual que o aumento do 34% en protocolo para este ano 2019”.  

 

En canto  o grupo socialista de Salceda, según manifesta o grupo popular,  “mostra a súa doble cara, a incoherencia total, presentando un voto particular para diminuir nun 75% este gasto anos atrás cando estaba na oposición, e agora votando a favor deste gran incremento estando no goberno, o Psoe en estado puro”, afirma o voceiro do PP.

 

Tamén poñen a lupa sobre o custe deste bigoberno bipartito, “o custe do goberno increméntase un 33% con respecto ao goberno do 2018, sobrepasando os 250.000 €, pero disto os que máis falan son os veciños, porque saben canto lle afecta ó seu bolsillo, porque somos o primeiro Concello de Galicia, comparando o mesmo número de habitantes e orzamentos, supoñéndolle a cada salcedense 27,54€ ano este goberno de MS - PSOE” sinala Santi Davila.

 

Por último, o voceiro popular dixo si esto é “a outra maneira de gobernar, como decía o Partido Socialista salcedense en campaña electoral. Nós decimos: máis do mesmo, despilfarro, mala xestión e o peor, os provedores a espera para cobrar os seus traballos ou servizos”, remata Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.