GALICIA
Xunta e valedora colaboran para intercambiar información sobre desafiuzamentos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández, asinaron esta semana un convenio co obxectivo de mellorar a atención ás persoas nesta situación e garantir canles de comunicación áxiles e efectivas entre o IGVS e a institución parlamentaria
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Valedor do Pobo colaborarán un ano máis co fin de intercambiar información de forma áxil e fluída sobre as persoas afectadas en Galicia por casos de desafiuzamento. Así o comprometeron esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e a valedora, Dolores Fernández, coa sinatura dun acordo de colaboración nesta materia que lle dará continuidade á liña de traballo e comunicación que manteñen aberta ambos organismos desde o ano 2015.
O obxectivo do convenio é dobre. Por unha banda, renovar o marco de colaboración establecido entre o IGVS e a institución parlamentaria para garantir unha mellor atención e información ás familias afectadas por execucións hipotecarias sobre os seus dereitos e as actuacións e medidas desenvolvidas por parte da Xunta para responder a este tipo de situacións. E por outra, establecer canles de comunicación áxiles e preferentemente por vía electrónica para que flúa toda a información correspondente ás queixas ou consultas presentadas ante o Valedor sobre esta materia, co fin de que o IGVS poida valoralas e proceder, se é o caso, a activar os mecanismos dispoñibles para ofrecer unha resposta.
A meirande parte das queixas recibidas pola institución parlamentaria en materia de vivenda refírense fundamentalmente a desafiuzamentos derivados de execucións hipotecarias ou por falta de pagamento do alugueiro. Neste sentido e tendo en conta que os obxectivos cos que se asinou o primeiro convenio entre o IGVS e o Valedor do Pobo seguen vixentes, ambas partes consideran oportuno renovar a súa colaboración a través dun novo convenio.
O acordo enmárcase no paquete de 12 medidas impulsadas pola Xunta no ano 2012 para dar cobertura e defender os dereitos das persoas en risco de ser desafiuzadas dos seus fogares por non pagar a hipoteca ou o alugueiro
Para garantir a consecución destes obxectivos e poder levar a cabo un seguimento do acordo, comprométense tamén a constituír unha comisión de coordinación integrada por un representante de cada un dos organismos que o asinan. Esta comisión será a encargada tamén de propoñer accións concretas, desenvolver a aplicación do acordo e facer unha avaliación dos resultados.
Outras liñas de colaboración
Co fin de garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna e axeitada, especialmente para aqueles sectores sociais cunha menor capacidade económica, a Xunta de Galicia decidiu impulsar no ano 2012 un paquete de medidas encamiñadas a dar cobertura a aquelas persoas en risco de perder a súa vivenda ou que, de feito, xa foron desafiuzadas.
No marco dese programa, precisamente, o IGVS promoveu nos últimos anos unha serie de acordos de colaboración con diferentes institucións e entidades cun papel importante en materia de vivenda. Neste sentido, no ano 2013 asinouse un convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta e a FEGAMP co obxecto de establecer un protocolo de actuación conxunta para detectar casos de especial vulnerabilidade en procedementos de lanzamento da vivenda familiar e adoptar medidas de carácter social e realoxo.
Na mesma liña, tamén se asinaron nos últimos anos e se foron renovando acordos de colaboración con diversas entidades financeiras e coa Sareb para destinar algunhas das vivendas que teñen dispoñibles a alugueres sociais para persoas e colectivos que atravesan especiais dificultades económicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88