Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira do 5 ao 8 de decembro. A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e creadores de artigos relacionados co Nadal e para novos creadores de artistas textís,  


O Mercado Sustentable de Nadal, que forma parte da programación de Nadal, está baseado na sustentabilidade, na economía circular e de proximidade, así coma no respecto ao medio ambiente. O Concello de Tui promove este Mercado Sustentable de Nadal para dinamizar o sector comercial do municipio e a economía local ao servir de atractivo que permita incrementar a afluencia tanto da poboación local coma de visitantes á cidade.


Ofértanse un total de 40 postos de madeira con carpa tipo “jaima” cunha coidada decoración e iluminación.  As persoas interesadas en participar deben cumprimentar a solicitude de participación no enlace  https://forms.gle/9A3yA82DWpPvSpRGA, debendo acompañar fotografías  representativas do produtos que ofertarán.


Pódese ampliar esta información no 630 650 415 ou no correo info@enrede.es.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.