PROVINCIA
Tres rutas guiadas a xacementos no marco da exposición ‘Galaicos’
As visitas realizaranse nos meses de decembro e xaneiro nos xacementos de Castro Landín, A Lanzada, O Facho, a vila romana de Toralla e o Castro do Trega
A mostra “Galaicos”, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, non só se limitará ó espazo do Museo Provincial, posto que a institución, presidida por Carmela Silva, deu a coñecer os detalles das actividades complementarias ó abeiro da exposición, entre as que destaca a realización de tres rutas guiadas a xacementos e lugares de interese situados na provincia.
Así, a primeira destas rutas terá lugar o sábado 14 de decembro e percorrerá o castro de Castrolandín, no concello de Cuntis, a Fundación Terra Termarum Castrolandín e o xacemento da Lanzada. Un dos comisarios da exposición “Galaicos”, Rafa Rodríguez, será o encargado de guiar ós participantes a través da historia e das pedras.
Pola súa banda, o sábado 21 de decembro outro grupo coñecerá o xacemento do Facho, en Cangas, e posteriormente visitará á Vila Romana de Toralla, no concello de Vigo, da man do arqueólogo José Suárez. Finalmente, o sábado 11 de xaneiro, o historiador e arqueólogo Diego Piay acompañará ós participantes da terceira ruta polo Castro de Santa Trega, pertencente ó concello da Guarda, e pola adega Terras Gauda, situada na zona do Rosal.
Para a realización destas visitas guiadas a través da historia e a arqueoloxía pontevedresas e galegas, os grupos serán reducidos, contando cun máximo de 30 persoas. Deste xeito, o prazo de inscrición abrirase o luns 9 de decembro e a matrícula poderá facerse mediante métodos informáticos na web de Turismo Rías Baixas (visitasguiadas@depo.es). Amais, admitiranse ata catro persoas inscritas por email.
Por outra banda, comezan as accións programadas para dar a coñecer o pasado galaico da provincia. O contacontos infantil, que leva por nome “Contos a pedir de boca”, será ás 12.00 horas deste sábado 16 de novembro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a ela poderán acudir os nenos de máis de tres anos acompañados por unha persoa adulta. Con todo, o evento será de balde ata completar aforo. “O conto está protagonizado por un comerciante do Mediterráneo que dará a coñecer ás nenas e ós nenos algunhas manifestacións do noso pasado galaico: como vivían, como eran as súas vivendas ou en que consistía a súa alimentación”, explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Ademais, este próximo martes 19 de novembro ás 19.00 horas terá lugar a mesa redonda “Somos o que comemos. Que nos queda da dieta dos galaicos na actualidade?”. Tamén ubicada no Sexto Edificio do Museo, a entrada a esta charla será libre. Os investigadores Eduardo González e Carlos Fernández, da Universidade de León, e as investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela Olalla López e Lourdes López serán moderados polo arqueólogo Ángel Concheiro. Deste modo, Silva destacou a paridade dos relatores do evento: “Temos que facer un esforzo para que nas mesas haxa expertas e expertos porque realmente hai moitas mulleres moi formadas que poden falar de calquera cousa”.
A exposición “Galaicos” abrangue a historia de Galicia no período comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 antes da nosa era) e o século VI. O seu obxectivo é amosar o nexo de unión entre dous mundos, o Atlántico e o Mediterráneo, a través de máis de 60 obxectos arqueolóxicos, algúns orixinais e outros réplicas, así e información sobre algúns dos xacementos da provincia, entre eles os da Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Castro de Alobre e Castrolandín, Monte do Facho, a vila romana de Toralla e Salinas de Vigo ou Adro Vello. As fotografías e vídeos que se amosan permiten coñecer estes xacementos e valorar a paisaxe arqueolóxica da provincia para amosar os cambios e as continuidades que se producen durante un longo período de tempo de máis de 2000 anos da historia de Galicia. “Galaicos” chegou ao Museo de Pontevedra o pasado 4 de outubro despois de recibir máis de 32.000 visitas no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid e o Museo da Prehistoria de Valencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184