MOS
Arévalo e Méndez presentan un orzamento para 2020 "baseado na austeridade"
Trátase dun documento "austero pero con proxectos moi ilusionantes para o novo exercizo, no que os impostos e taxas municipais continuarán conxelados"sinalan
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Facenda, Alberto Méndez, presentaron esta semana o orzamento municipal para o ano que ven, que lle foi remitido tamén aos diferentes grupos políticos da Corporación Municipal.
O Orzamento do Concello de Mos para o ano que ven ascende a 10.099.715,13 euros no estado de gastos.
“Trátase dun presuposto baseado na austeridade pero mantendo o espíritu ilusionante de inversións en grandes proxectos financiados por administracións supramunicipais”, explicou a rexedora local mosense, quen destacou ademais que, “como cada ano desde que son alcaldesa presentamos o orzamento en tempo e forma, antes do remate do exercizo en vigor; ademais de cumprir coa porcentaxe necesaria da área de gasto destinada á amortización de débeda pública e sen facturas pendentes de recoñecer de anos anteriores”.
A área de gasto destinada á amortización de débeda pública ascende a 1.118.476,48 euros.
Ademais aseguran os representantes municipais que este novo orzamento, tal e como está plantexado e confeccionado, servirá para axustar a diferencia do presente ano 2019, no que houbo máis gastos que ingresos. “O de Mos é un Concello que oferta aos seus habitantes numerosos servizos que supoñen custes moi importantes e neste exercizo non recadou o suficiente, polo que era necesario equilibrar a balanza e encauzamos o novo presuposto orientándoo a tal fin”, explicaron Arévalo e Méndez.
A pesar de ser un orzamento austero, o estado de gastos non descoida o servizos públicos básicos “para que a veciñanza teña uns servizos fundamentais de primeira, entre os que se atopan a recollida de lixo, a limpeza viaria, a reposición de capas de rodadura nos viais municipais…, etc.”, declarou Arévalo.
E a pesar tamén da austeridade, alcaldesa e edil de Facenda apuntaron algúns dos grandes proxectos que se levarán a cabo no 2020 e que serán financiados mediante axudas doutras administracións. “Con este orzamento comeza a camiñar esta nova lexislatura e empezamos a facer realidade as promesas do noso programa electoral”, apuntou a rexedora local mosense. Entre ditos proxectos, incluídos no programa electoral do equipo de goberno, atópanse o da contorna da Igrexa e o Centro Dotacional de Torroso, a senda de Pereiras, un parque no Círculo Cultural Abrente, obras de construción de vestiarios nos Campos de Fútbol de Cototorrón e As Baloutas, do Club Louro Tameiga e U.D. Mos, respectivamente; mellora do ximnasio do Pavillón Óscar Pereiro e dos pavillóns de Sanguiñeda e Pena de Francia, acometida do proxecto de eliminación do tráfico pesado das zonas urbanas de Sanguiñeda e Puxeiros, optimización de todos os parques municipais, obra de mellora do interior da Casa Consistorial, adquisición dun novo tractor municipal, mellora do cemiterio de Torroso, diferentes obras de acometida da rede de saneamento municipal, instalación dun composteiro na antiga depuradora de Tameiga, e creación dun parque para cans e dun horto urbán.
![[Img #57987]](https://xornal21.com/upload/images/11_2019/2289_dsc_0281.jpg)
Un dos proxectos estrela entre os mencionados é o de Torroso, consistente nun Plan Integral que abarcaría uns 7.000 metros cadrados e tería un orzamento estimado de 400.000 euros. Pretendendo mellorar a relación e a accesibilidade entre os dous edificios dotacionais (cultural e relixioso), así como dos espazos de convivencia que se organizan entorno a eles. Esta importante e ambiciosa iniciativa suporá un cambio radical na parroquia, facendo máis habitable e humanizado o centro neurálxico da mesma; onde se concentran habitualmente gran número de veciños e foráneos que acuden a diario a esta zona para participar en actividades lúdicas, relixiosas, culturais, musicais...etc.
Respecto da partida de Cultura, que se incrementa acadando os 351.021,30 euros, a alcaldesa apuntou que “seguiremos a potenciar as nosas festas, a nosa Festa da Rosa –de Interese Turístico de Galicia-, o noso Nadal, o noso Entroido… e a apoiar ao tecido asociativo cultural parroquial, pilar fundamental e indispensable para o mantemento da cultura mosense” e destacou a partida destinada a Benestar Social, que “igual que en anos anteriores segue a ser a máis elevada e a máis importante”. En Benestar Social farase un especial esforzo económico enfocado a colectivos como os maiores e as familias, e a potenciar as políticas enfocadas ao fomento da igualdade.
A partida de Benestar Social crece sendo a máis elevada do orzamento municipal acadando a contía de 1.244.100,47 euros.
Respecto das partidas de Emprego e Educación, que crecen tamén respecto a 2019, o Concello de Mos continúa a apostar no seu orzamento para 2020 por estas dúas áreas consideradas “fundamentais” pola alcaldesa, Nidia Arévalo. A partida de Fomento do Emprego elévase ata os 185.109,60 euros e a de Educación a 439.889,30 euros.
Como novidade Arévalo anunciou a creación dunha partida específica para Mocidade, que antes non existía e que ascende a 10.000 euros. E fixo referencia á continuidade da partida de Participación Cidadá (95.709,97 euros) con especial mención dentro da mesma á destinada ao programa municipal de cursos nas asociacións, Tempo de Lecer (10.000 euros).
Destacar tamén, respecto da partida orzamentaria de Deportes e mantemento de instalacións deportivas (584.021,93 euros) que se aumentaron as contías de todos e cada un dos convenios de colaboración asinados cos clubes deportivos mosenses e as subvencións nominativas concedidas aos deportistas de Mos.
E por último Nidia Arévalo fixo referencia á partida de gasto destinada a Medio Ambiente que se incrementa ata 126.200 euros con motivo da adhesión do Concello de Mos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, para poñer en marcha o proxecto mosense para facer efectiva a incorporación ao Pacto. Ademais en Medio Ambiente inclúense varios dos ambiciosos proxectos anteriormente citados tales coma o composteiro na antiga depuradora de Tameiga, o horto urbán e o parque para cans; ademais de actividades diversas de prevención e concienciación medioambiental. Ademais anunciou que neste apartado hai tamén outra importante novidade relativa á creación dunha partida específica dotada de 10.000 euros para a execución de limpezas subsidiarias de fincas. O sistema consistirá en que os particulares que non realicen a pertinente limpeza dos seus terreos verán executado o devandito labor por parte do Concello quen, á súa vez, interporá a correspondente sanción ao particular en cuestión tras a realización da limpeza subsidiaria.
Conxelación de impostos
No relativo ao estado de ingresos do orzamento municipal para 2020 a rexedora local anunciou que o vindeiro ano continuarase coa conxelación de impostos e taxas municipais que se ven mantendo dende os últimos 7 anos consecutivos.
A conxelación dos impostos municipais produciuse no 2012 e ven sendo efectiva durante os pasados exercizos económicos do 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 e o actual 2019. Ademais dende o ano 2014 o Concello de Mos incorporou reduccións nalgúns impostos e taxas municipais, así como bonificacións nos mesmos para certos colectivos.
Grazas á mencionada conxelación, os importes dos impostos e taxas municipais seguirán bloqueados durante o 2020 e non experimentarán subidas que graven ós contribuíntes mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11