GALICIA
A Xunta facilitará aos concellos sen recursos unha "casa niño"
Farase unha convocatoria extraordinaria de axudas para estender este servizo ao 100% dos municipios que agora non teñen nin escola infantil nin punto de atención á infancia
A conselleira de Política Social, Fabiola García, manifestou que o Goberno galego seguirá a impulsar as casas niño ao facilitar aos concellos que non teñen ningún recurso de conciliación a opción de dispoñer dunha delas. Díxoo durante a visita á instalación de Dumbría, na que informou de que o ano que vén farase unha convocatoria extraordinaria de axudas para estender este servizo ao 100% dos municipios.
Con este obxectivo os orzamentos de 2020 inclúen unha partida de 620.000 euros que permitirá abrir casas niño en localidades que non teñen nin escola infantil nin punto de atención á infancia. Ademais, incrementarase ata os 22.000 euros por exercicio (un 12% máis que na actualidade) a remuneración que perciben as persoas responsables das casas niño que xa levan tres anos funcionando.
Incrementarase un 12% a remuneración que perciben as responsables das casas, ata chegar aos 22.000 euros anuais
A conselleira sinalou que esta semana se deron a coñecer os 15 novos concellos beneficiados da liña de axudas deste ano 2019 para a creación deste recurso: catro na provincia da Coruña, outros catro na de Lugo, seis na de Ourense e un na de Pontevedra.
As casas niño son unha mostra da aposta do Executivo autonómico por facer máis doada a vida das familias, que fan de Galicia a Comunidade Autónoma con máis axudas para a crianza dun fillo e para conciliar. Neste compromiso enmárcanse feitos como a creación de novos recursos de conciliación e atención aos nenos e aos maiores no rural, a ampliación da tarxeta benvida ou a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos para os segundos fillos e sucesivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184