Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 17 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Castelo de Soutomaior acolle este domingo a cata amateur Ruta do Viño Rías Baixas

A cata a cegas, que esgotou en catro días as 100 prazas ofertadas, amosará os matices de preto de 30 referencias de 16 adegas. O evento contará coa actuación musical do dúo vigués La Franga e unha degustación gastronómica

O castelo de Soutomaior acolle este domingo por segundo ano consecutivo a cata amateur da Ruta do Viño Rías Baixas na que se amosarán os matices de preto de 30 referencias de 16 adegas asociadas á ruta. “É un día para poñer en valor os nosos exquisitos viños, o noso produto e a nosa cultura, nun espazo tan ideal como é o castelo de Soutomaior”, asegurou a presidenta Carmela Silva.

 

A cata a cegas, na que novamente serán protagonistas os viños Rías Baixas, comezará ás 11 da mañá e contará con dúas partes. En primeiro lugar, o sumiller Nacho Costoya guiará ás persoas participantes na cata dos cinco primeiros viños, explicando os principais detalles (visuais, olfativos e gustativos) nos que as e os asistentes deberán focalizar a súa atención. Posteriormente as persoas participantes terán que agudizar os seus sentidos porque comezará a cata na que se presentarán tres dos cinco viños degustados inicialmente que serán os que o público deberá acertar a cegas. Para as persoas gañadoras haberá un premio dunha estancia en establecementos adscritos á Ruta do Viño e tamén un sorteo de lotes de bodegas da Ruta do Viño Rías Baixas.

 

A actividade, que se enmarca ademais no Día Europeo do Enoturismo, compleméntase cunha visita previa e por libre ao Castelo de Soutomaior. Ademais, a xornada contará con música en directo do dúo vigués La Franga, integrado por Fran Brea e Jorge Villar, que amenizará a cata con éxitos musicais de todos os tempos. Xunto á música haberá tamén unha degustación gastronómica con produtos das Rías Baixas, como conservas e embutidos, elaborados por empresas situadas na provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.