Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 19 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

30 mulleres de Vigo e A Estrada comezan esta semana “Conectadas”

Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en Vigo e A Estrada

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, esta semana comezan dúas novas accións nas que participarán un total de 30 mulleres pertencentes a asociacións de dous concellos pontevedreses, A Estrada e Vigo. Ademais, outros catro cursos comezados no mes de setembro chegan ó seu fin esta semana.

 

Máis polo miúdo, 15 mulleres de A Estrada participarán na acción formativa “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais San Xoán de Santeles. O curso comezará o vindeiro mércores 20 de novembro, desenvolverase ata o 19 de febreiro de 2020 no Local da Escola (lugar Godoy s/n Santeles) e terá lugar os mércores de 18 a 21 horas. En Vigo, 15 integrantes da Sociedad Cultural Recreativa y Deportiva Helios comezan o 22 de novembro a acción formativa “Risoterapia”, que terá lugar os venres de 17 a 19 horas no local da sociedade ata o 28 de febreiro do vindeiro ano.

 

Ademais, esta semana rematan catro cursos cun total de 82 mulleres participantes. Son o curso “Encontro con lectoras: animación á lectura e memoria”, no que participaron 15 mulleres da Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta, no concello da Lama. “Pilates”, o curso impartido en Cangas ó que asistiron 25 persoas da Asociación Española Contra el Cáncer, rematará o mércores 20. Amais, 24 integrantes da Asociación de Mulleres de Filgueira, no concello de Lalín, rematarán o 22 de novembro a acción “Pintura”. Por último, en Poio, o curso de “Ioga” que mobilizou a 18 integrantes da Asociación Cultural Mulleres do Mar de Poio, rematará o 20 de novembro.

 

“Conectadas 2019” é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital.  Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.