O PORRIÑO
O dous concelleiros do BNG incorporanse ó equipo de goberno
Pedro Pereira e Cami Moreira fixeron onte nas depedencias municipais os diversos trámites previos de papeleo para a súa incorporación ó goberno municipal que xa é efectiva.
Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira será o primeiro tenente de alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista ocupará a segunda tenencia de alcaldía.
Ademáis Pedro Pereira asumirá as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.
Pola súa banda Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.
Hoxe martes a alcaldesa Eva García presidirá unha primeira reunión de traballo cos tres concelleiros do PSOE e os dous do BNG.
Con antelación e para completar a distribución de competencias no goberno, aprobouse definitivamente a modificación da base 27ª do Orzamento Municipal en vigor para establecer as retribucións dos membros do gabinete, trámite que quedou comprimentado coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) do pasado venres 15.
A alcaldesa ponderou que “o acordo que temos firmado pon en común un proxecto compartido para desarrollar políticas de urbanismo, infraestructuras, servizos sociais e noutros eidos da xestión do Concello”, valorou Eva García que ponderou “a transparencia que imos reforzar na acción municipal outorgando máis delegacións e polo tanto maior importancia ós acordos que adoptará a xunta de goberno”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149