Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A concelleira de Igualdade presentou a actividade contra as violencias sexuais

Cami Moreira, a nova concelleira de Igualdade fixo a súa estrea nun acto público como membro do goberno municipal, presidindo a actividade formativa de prevención contra as violencias sexuais para estudantes de O Porriño.

O acto celebrouse no Círculo Recreativo e Cultural. Trátase dunha actividade concertada cos centros de ESO “Hermanos Quiroga”, “Ribeira do Louro”, “Pino Manso” e “Santo Tomás” promovida polo Concello de O Porriño a través da Concellería de Igualdade.

 

A nova concelleira de Igualdade agradeceu ós estudantes que participaron a súa asistencia e pediu ós mozos e mozas que “presten atención ós machismos e micromachismos que aparecen na sociedade de forma soterrada”. Cami Moreira insistiu ás chicas que “decir “non” é “non” e non debe incomodarlles” e que “reflexionen como queren establecer as súas relacións persoais”, manifestou a edil nacionalista do goberno municipal.  

 

A sesión denominábase "Contra as Violencias Sexuais: Narrativas e Representación Audiovisual". Prantexou o cine como ferramenta para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nos centros educativos. O dúo "Towanda Rebels" que forman as actrices Teresa Lozano e Zua Méndez protagonizou a sesión formativa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.