GALICIA
A Xunta apela aos medios de comunicación "para promover a igualdade"
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do congreso “Medios de comunicación e igualdade: unha mirada crítica ao tratamento da violencia machista”
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apelou hoxe a que os profesionais dos medios de comunicación contribúan a promover a igualdade entre mulleres e homes, así como a previr e concienciar á cidadanía sobre a violencia de xénero e axudar a loitar para a erradicación desta lacra e calquera forma de discriminación contra as mulleres.
Así o sinalou durante a presentación do congreso “Medios de comunicación e igualdade: unha mirada crítica ao tratamento da violencia machista”, que celebrará a Asociación de Xornalistas de Galicia o 28 e o 29 de novembro en Santiago, e que conta co apoio da Xunta no marco das axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
López Abella considera que os medios serven como plataforma para denunciar as agresións e concienciar de que a violencia de xénero é un delito
Máis de 20 xornalistas de medios galegos e nacionais analizarán neste congreso a importancia dos medios de comunicación na construción dunha sociedade máis igualitaria e na creación de conciencia sobre a violencia de xénero se se da un tratamento xornalístico idóneo. A secretaria xeral da Igualdade participará na segunda xornada do congreso para presentar as medidas de protección integral da Xunta ás vítimas de violencia de xénero.
López Abella incidiu en que os medios de comunicación serven de plataforma para denunciar ás agresións e concienciar de que esta violencia é un delito. Nesta liña, apelou a que o tratamento xornalístico dos casos de violencia de xénero inclúa a perspectiva de xénero e sitúe o suceso con referencias ao problema social que supoñen as agresións contra as mulleres co obxectivo de combater esta lacra e apoiar ás vítimas. A Xunta difundiu xa en 2014 un Código de boas prácticas para o tratamento axeitado da violencia de xénero nos medios de comunicación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184