Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 21 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación impulsa a sustentabilidade cos emprendedores do Coworking de Barro

A innovadora metodoloxía Lego Serious Play volverá a ser protagonista no obradoiro deste xoves para promover accións sostibles nas iniciativas empresariais que participan na cuarta edición do Coworking

A Deputación de Pontevedra volve apostar pola aplicación da innovadora metodoloxía Lego Serious Play e desenvolverá este xoves, 21 de novembro, un novo obradoiro baseado nesta dinámica de traballo para impulsar accións de sustentabilidade nos proxectos emprendedores que participan na cuarta edición do Coworking de Barro, promovido pola institución provincial.

 

A Deputación foi en abril pioneira en Galicia na aplicación desta metodoloxía, coa que xa traballan as grandes empresas internacionais. En concreto, na anterior edición do Coworking, este obradoiro serviu para traballar sobre a integración da igualdade no traballo e a proxección de negocios a futuro. No caso deste segundo obradoiro que se celebrará nas instalacións do Viveiro de Empresas de Barro, o tema a traballar será a sustentabilidade, un dos eixos fundamentais das políticas do Goberno provincial neste mandato cara a transición ecolóxica.

 

Máis polo miúdo, o taller, que abrirá o deputado provincial Carlos Font ás 16 horas, ten como obxectivo impulsar accións de sustentabilidade nos vinte proxectos emprendedores que participan no Coworking. A idea é que as persoas participantes identifiquen posibles accións sostibles aliñadas cos seus propios principios persoais e que poidan logo deseñar un plan de acción a implantar nas súas iniciativas de emprendemento. Hai que destacar que a maioría destes proxectos, un 80%, xa teñen un enfoque sostible e de baixo impacto no medio ambiente.

 

As docentes do coworking María Ucieda, Carmen Costas e Ainhoa Mallo, profesionais certificadas na metodoloxía e docentes do Coworking de Barro, serán as encargadas de impartir este obradoiro, que tamén está pensado para construír puntos de encontro e a fomentar a participación dos coworkers.

 

Lego Serious Play é unha dinámica de traballo que parte da realización de proxectos e propostas empregando pezas do xogo Lego e, deste xeito, cada persoa participante recibe unha bolsa de material con pezas Lego coa que constrúen elementos. A aposta por estas pezas débese a que a través do xogo as barreiras que manexan as persoas de forma inconsciente caen e adóptanse decisións máis eficientes. Amais, mediante o xogo e a liberación da imaxinación e da creatividade constrúense modelos, estratexias, técense relacións e tamén visións de empresa.

 

Con Lego Serious Play foméntase e poténciase a comunicación, a aprendizaxe, a resolución e xestión de problemas, a innovación e eficiencia nos negocios. Ademais, a dinámica facilita a reflexión e é moi útil cando hai un tema complexo no que non existe unha resposta única nin sinxela, e tamén sirve para aprender a deseñar reunións eficientes entre equipos multidisciplinares, detectar necesidades e alternativas profesionais e de negocio, xerar novas ideas, e afianzar o compromiso e sentimento de pertenza ao equipo de traballo.

 

Na actualidade, a Deputación de Pontevedra está a desenvolver a cuarta edición do Coworking de Barro. Trátase dun programa froito da colaboración entre a institución provincial e a Escola de Organización Industrial, co financiamento do Fondo Social Europeo, para fomentar os proxectos innovadores e emprendedores da provincia. Nesta edición participan 20 proxectos, levados a cabo por 21 persoas (das cales 13 son mulleres e 8 homes), que foron elixidos entre as 29 propostas presentadas. Entre os proxectos hai varios centrados nas novas tecnoloxías, moda, cosmética, igualdade, gastronomía, márketing ou comunicación. O Coworking levarase a cabo ata decembro deste ano e, como nas anteriores edicións, finalizará co “DemoDay”, no que as e os participantes presentarán os seus proxectos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.