HOGAR
Campaña de sensibilización sobre o uso da madeira na nosa vida cotiá
Baixo o hastag euescollomadeira, a Asociación Provincial de Empresarios de 1a Transformación da Madeira de Lugo, a Asociación Forestal de Galicia, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Asociación Monte Industria tratan de apelar ao compromiso da sociedade polo emprego de materiais naturais
A Asociación Provincial de Empresarios de 1a Transformación da Madeira de Lugo, a Asociación Forestal de Galicia, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Asociación Monte Industria lideran unha campaña de sensibilización sobre a importancia do uso de materiais naturais, neste caso madeira, para camiñar cara un futuro sostible. O obxectivo desta campaña, #euescollomadeira, é trasladar á sociedade o compromiso polo coidado do medio ambiente, apelando ás conciencias e ao orgullo, como cidadán particular, de estar a colaborar, activamente, a coidar a nosa contorna.
A campaña, realizada coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal e coa colaboración da tenda de Compostela de Leroy Merlín, conta cun vídeo divulgativo que amosa como a madeira está presente en todos os momentos da nosa vida: dende o berce, nos nosos primeiros pasos, nos xogos, nos momentos de lecer, mentres comemos, cando descansamos, cando saímos á rúa ou cando traballamos. Plasma diferentes momentos da nosa vida cotiá nos que, sen darnos conta, a madeira converteuse nunha compañeira de vida máis.
Ademais, cóntase con testemuñas de profesionais de diferentes ámbitos que comparten coa sociedade os motivos polos que eles escollen madeira no seu traballo, como os arquitectos de Arrokabe, Óscar e Iván Andrés, ou o deseñador, Lois Guillán, de Cucuducho.
As asociacións da cadea de valor da madeira pretenden con esta iniciativa que a xente se sinta orgullosa de empregar madeira polas connotacións positivas que isto implica, apelando a esa conciencia e ese orgullo que supón usar madeira en lugar de materiais fósiles, non renovables e non biodegradables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217