GALICIA
A Xunta adapta a convención dos dereitos do neno por tramos de idade
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu ao acto de conmemoración polo 30 aniversario da Convención dos Dereitos do neno que se celebrou en San Caetano
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que a Xunta, en colaboración coa Plataforma de Organizacións Infantís, adaptou a Convención dos Dereitos do Neno ao galego e tamén por tramos de idade para facilitar a súa comprensión. Díxoo durante o acto de conmemoración polo 30 aniversario deste documento que se celebrou hoxe en San Caetano aproveitando a efeméride do Día Mundial da Infancia.
As adaptacións fixéronse en tres tramos de idade, para as nenas e nenos de 6 a 8 anos, para os de 9 a 12 e para os de 13 a 18
Esta adaptación do Convención do Dereitos do Neno por tramos de idade realizouse coa finalidade de que todas as persoas, pequenos e maiores, poidan entender o que o texto recolle. As modificacións fixéronse, concretamente, para tres tramos de idade, para as nenas e nenos de 6 a 8 anos, para os de 9 a 12 e para os de 13 a 18.
Fabiola García gabou o traballo que realizan a diario a favor das nenas e nenos as asociacións que forman parte da plataforma. Neste sentido, salientou os avances acadados e garantiu o apoio do Goberno galego para continuar atendendo as necesidades das nenas e nenos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184