VAL MIÑOR
Ethel Vázquez destaca a axuda inxente que a Xunta presta aos concellos de Nigrán e Gondomar
A conselleira de Infraestruturas participou en Nigrán nas xornadas formativas de Aqualitrans, proxecto europeo no que participan entidades de Galicia e Portugal na procura de sistemas máis eficientes no funcionamento das depuradoras
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacaba o pasado mércores "a axuda inxente que a Xunta lles presta aos concellos de Nigrán e Gondomar ao asumir a xestión das súas depuradoras de augas residuais e reclamou implicación das deputacións provinciais neste labor de apoio aos municipios".
O Goberno galego destinará o vindeiro ano 1,5 millóns de euros a manter en funcionamento as estacións depuradoras de augas residuais destes dous concellos do Val Miñor, asumindo así as competencias locais sobre o tratamento das augas residuais.
Vázquez Mourelle participaba nas xornadas formativas do Proxecto Aqualitirans, cuxos estudos achegan un modelo para acadar depuradoras máis eficientes enerxeticamente e sostibles a nivel ambiental e económico.
O Goberno galego destinará 1,5 millóns de euros en 2020 para manter en funcionamento as estacións depuradoras destes dous municipios, asumindo as competencias locais de tratamento de augas residuais
Indicou que Aqualitrans é un proxecto europeo, no que participan diversas entidades de Galicia e Portugal na procura de sistemas máis eficientes no funcionamento das EDAR ao que a Xunta dedica 1 M€ coa financiación do Fondo FEDER.
Subliñou que este proxecto de cooperación transfronteiriza fixo estudos enerxéticos en 20 depuradoras, 10 galegas e 10 portuguesas, para desenvolver proxectos piloto nas EDAR que resultaron seleccionadas.
Salientou que se trata dunha experiencia relevante porque permitirá extrapolar a outras depuradoras as conclusións extraídas e transferir o coñecemento de como hai que desenvolver tanto as auditorías enerxéticas como a implementación de melloras.
No caso de Galicia, resultaron elixidas para desenvolver estes proxectos piloto as depuradoras de Nigrán, Gondomar, A Pobra do Caramiñal, Ares e Cedeira.
A conselleira lembrou que no caso das depuradoras de Nigrán e Gondomar, aínda que a depuración é unha competencia dos Concellos, a Xunta está colaborando máis alá no que lle esixe a lei coa construción e o mantemento destas dúas EDAR.
Apuntou que no caso da depuradora de Nigrán conseguíronse melloras enerxéticas grazas ao aumento da eficiencia da aireación e melloras na explotación, xa que a mellor regulación do reparto de aire entre as balsas facilita que se acade a consigna de osíxeno con maior facilidade, conseguindo unha diminución de custes e de tempo de mantemento.
Sinala que no caso das depuradoras de Gondomar e Nigrán, a Xunta vén colaborando na súa construción e mantemento, a pesar de que as competencias de saneamento son municipais
No caso da EDAR de Gondomar, sinalou que se traballou no bombeo de cabeceira conseguindo maior flexibilidade na regulación do caudal e unha diminución dos alivios.
Ethel Vázquez enmarcou estas experiencias piloto dentro do plan de acción da Xunta e de Augas de Galicia, que agora se está centrando moito máis na explotación e o mantemento axeitado das instalacións, ao ver como moitas instalacións municipais non están funcionando de forma axeitada.
Fixo fincapé en que cómpre traballar nos sistemas de saneamento e depuración como un todo, xa que moitas veces os problemas das depuradoras son consecuencia de deficiencias nas redes de colectores. Neste sentido, puxo o acento en que non sería responsable ter que facer as obras cinco veces por culpa de non darlles un adecuado mantemento.
Destacou que a Xunta aposta por poñer unha ferramenta a disposición do Concellos para, entre todos, aproveitar as economías de escala que se producen ao xestionar varias instalacións ao mesmo tempo co obxectivo de poder profesionalizar máis o servizo, pensando sobre todo, nas instalacións máis pequenas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87