GALICIA
A poboación galega que peor o está a pasar "diminúe nun 60%" nesta lexislatura
A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicaba esta semana no Pazo do Hórreo os avances acadados nos últimos anos en materia de inclusión
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou este mércores no Parlamento de Galicia que o número de persoas con carencia material severa descendeu nun 60% nesta lexislatura, ao pasar de 4,1% en 2016 a 1,6%, catro puntos menos que a media española. Estes datos reflicten que cada vez hai menos galegas e galegos en situación de pobreza, segundo a última enquisa de condicións de vida do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Na súa intervención, Fabiola García atribuíu estes avances na loita contra a pobreza e a exclusión á situación de estabilidade económica e política que ten Galicia, o que beneficia directamente á poboación que mais o necesita. Neste sentido, destacou outro indicador do Instituto Galego de Estatística (IGE) segundo o cal os fogares con moitas dificultades para chegar a fin de mes diminuíron ata o 5,2% no terceiro trimestre deste ano, unha baixada de máis de tres puntos con respecto ao trimestre anterior e que supón o mellor resultado de toda a serie histórica.
Tamén se referiu á taxa Arope, baseada fundamentalmente na ratio de pobreza económica e composta maioritariamente polo volume de persoas que se sitúa por debaixo do 60% da media de ingresos a nivel nacional. En Galicia esta taxa está no 23%, unha cifra dous puntos por debaixo da que había en 2008 nun contexto de bonanza económica antes da crise e de maior dispoñibilidade orzamentaria. Así mesmo, con este 23% a nosa comunidade sitúase tres puntos por debaixo da media nacional.
A porcentaxe de fogares con dificultades para chegar a fin de mes baixa ata o 5,2%, o mellor dato de toda a serie histórica
Contratos laborais para perceptores da Risga
A conselleira de Política Social apuntou que estes datos poñen de manifesto que Galicia está a avanzar na atención ás persoas en situación ou risco de vulnerabilidade social. De feito, hoxe na comunidade hai un 15% menos de perceptores da Risga que ao comezo da lexislatura. Ao respecto desta renda de inclusión apuntou que o vindeiro ano a Xunta destinará a esta prestación 64 millóns de euros, tres veces máis que en 2009. Ademais, explicou que as melloras introducidas este ano na Risga fixeron que máis de 300 persoas xa estean a saír progresivamente da mesma para asinar un contrato de traballo.
Fabiola García mencionou outras accións que se están a levar a cabo no eido da inclusión como o primeiro plan de atención ás persoas sen fogar; programas contra a pobreza infantil como a Caixa ProInfancia; o complemento autonómico extraordinario en favor das persoas con pensións non contributivas ou o programa Reconduce contra os desafiuzamentos.
Así mesmo, garantiu que o Executivo autonómico seguirá a traballar, da man dos concellos e das entidades sociais, para achegar o benestar a todos os fogares galegos sen excepción. De feito, o orzamento de 2020 destina 120 millóns de euros para combater a pobreza e a exclusión, un 73% máis que hai unha década.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184