VIGO
Medidas inmediatas para corrixir a situación do edificio de Peñasco 5
A Xunta de Galicia celebrou onte unha reunión técnica para abordar a situación derivada do desprendemento do muro interior do edificio lindeiro co futuro albergue de peregrinos de Vigo, actualmente en proceso de construción. Nesa cita, a Administración autonómica e os propietarios do inmoble afectado, na praza Peñasco 5, acordaron o inicio, de xeito inmediato, das medidas urxentes de seguridade necesarias.
Estas actuacións serán de aplicación inmediata e coordinada entre os particulares afectados e o Goberno galego, segundo os acordos adoptados no día de hoxe en dita xuntanza en base ás indicacións do Concello de Vigo, con competencias en materia urbanística.
Deste modo, darase orde para que o técnico designado este mércores pola Axencia Turismo de Galicia, que conta co visto e prace dos propietarios do citado edificio, dirixa o proxecto de emerxencia tendente a estabilizar as edificacións afectadas. En particular, entre outras medidas, procederase a instalación de apontoamentos provisionais, accións preventivas e de protección para operarios e viandantes, mantemento dos valados exteriores e interiores, sinalización de advertencia ou desmontaxe de elementos susceptibles de caída.
A Xunta de Galicia xa decidiu, con carácter previo, a paralización da obra de construción do novo albergue ata que a situación actual sexa corrixida. A obra estábase a desenvolver con normalidade e conta con todos os permisos e licenzas municipais oportunos.
O desprendemento tivo lugar durante a noite, momento no que a empresa construtora non traballaba na zona, que puido verse afectada polas choivas das últimas semanas e o estado de conservación do lugar. A reunión mantida hoxe dá continuidade ás visitas oculares realizadas previamente e ás xestións iniciadas desde o momento do desprendemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186