Galicia
Ana Miranda: “O grupo de memoria histórica da Eurocámara reclama a devolución do pazo de Meirás”
A Eurocámara acolleu onte 20 novembro, a conferencia “Franquismo post Franco”, organizada polo grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo co obxectivo de dar a coñecer en Bruxelas a realidade da represión franquista, o espolio da ditadura vixente na actualidade e os pasos que se están dando para rematar coa impunidade. Ao longo da xornada, as integrantes do grupo amosaron o seu compromiso coa loita para rematar co espolio franquista. “Desde o Parlamento Europeo demandamos a devolución do pazo de Meirás e o resto de bens incautados”, subliñou a portavoz do BNG en Europa.
Ana Miranda denunciou que o franquismo segue “demasiado presente nas institucións, na xustiza, na economía, nos nomes de rúas, distincións e privilexios, nas foxas e no incumprimento da normativa internacional de dereitos humanos”, na que se inclúe a Resolución do Parlamento Europeo sobre o avance do neofascismo aprobada o 25 de outubro de 2018. “Debemos seguir denunciando que o Estado español non cumpre”, salientou.
“A conferencia de hoxe precisamente deunos unha ampla visión de como o franquismo continúa na sociedade despois da morte do ditador até os nosos días”, sinala a portavoz do BNG en Europa, quen salienta que a xornada celebrada hoxe en Bruxelas da unha visión ademais de como o terror foi utilizado sistematicamente como arma para conseguir o sometemento da cidadanía.
A delegación galega estivo composta por membros da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, como Telmo Comesaña e Antonio Monroy; a neta dunha vítima represaliada, María Lores; representantes da Comuna de presxs e represaliadxs polo franquismo, como Miguel Ángel Gómez, “Gus”, torturado por “Billy el Niño”; os investigadores Carlos Babío e Manuel Monge, así como as avogadas do grupo de Avogados Novos do Colexio de Vigo, Jana Calero e Irene Álvarez.
Ademais de participantes procedentes de Galiza tamén tomaron a palabra a representante da Asociación das 13 Rosas de Asturias, Laura Díez; a representante da Asociación Todos os Nenos Roubados son tamén meus Nenos. Igualmente interviron a representante da Comuna de presxs e represaliadxs do franquismo, Rosa García; o xornalista Juan Miguel Baquero e representante da Asociación da Recuperación da Memoria Histórica de Aragón, Mercedes Sánchez.
“Oxalá esta fose a última actividade do grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, porque iso significaría que coñecemos a verdade e teriamos xustiza e reparación para todas as vítimas. Mais lamentablemente sabemos que teremos que seguir loitando para que os nosos obxectivos se cumpran”, conclúe Ana Miranda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184