GALICIA
Expobus Iberia reunirá no Recinto Feiral Semana Verde a 152 firmas do transporte
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou esta mañá a Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a segunda edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, Expobus Iberia, que reunirá desde hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia a 152 firmas expositoras, un 50% máis que o ano pasado. Debido ao aumento dos expositores, habilitarase un pavillón máis que en 2018, de modo que o evento ocupará unha superficie duns 8.000 metros cadrados para albergar a todos os participantes.
Á inauguración tamén acudiron o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro; o director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña.
Alfonso Rueda destacou que o crecemento da segunda edición ratifica o éxito desta feira e consolida o evento como punto de encontro e de referencia para os profesionais do sector a nivel nacional. Nesta liña, considerou que tamén serve para demostrar a idoneidade das instalacións da Fundación Semana Verde para acoller todo tipo de actividades.
A segunda edición do evento contará cun 50% máis de firmas que o ano pasado, o que supuxo que o espazo tamén medrase nun 37% cunha superficie duns 8.000 metros cadrados
Este ano Expobus Iberia terá un carácter máis internacional. Así, as 152 firmas expositoras presentes no encontro proceden de 21 países distintos, o que supón un 61% máis que os 13 países presentes o ano pasado.
Expobus Iberia contará ata o sábado cun amplo programa de actividades como as xornadas técnicas nas que se abordarán temas como a mobilidade urbana ou os servizos dixitais e innovacións en seguridade para autobuses e autocares. O director xeral de Mobilidade participará mañá ás 10,30 horas nunha das xornadas para presentar o Plan de Transporte de Galicia.
Nesta edición estrearase un paseo en autocar histórico polo entorno de Silleda e manteranse outras propostas que xa tiveron unha moi boa acollida o ano pasado como o concurso para elixir ao mellor condutor de autocares de España, un circuíto para probar algúns dos modelos expostos ou a exposición de vehículos clásicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184