NIGRÁN
A fibra óptica cheguará por vez primeira a Chandebrito
A parroquia contará antes de final de ano con fibra óptica nos barrios de Tomadas e A Igrexa, onde xa comezou a súa instalación
O Concello de Nigrán está a colaborar coas diferentes teleoperadoras na implantación de fibra óptica nas zonas con peor cobertura de internet co obxectivo de que a finais de 2020 sexa unha realidade en todo o municipio. Froito desa colaboración a fibra está sendo instalada por vez primeira na parroquia de Chandebrito, concretamente nos barrios de A Igrexa e Tomadas, onde gozarán desta conexión de alta velocidade antes de que remate o ano. Paralelamente, o Concello está a negociar coas teleoperadoras o plan de ampliación 2020 que aspira a deixar cuberto o 100% do territorio, xa que só faltarían determinados barrios de Camos, Parada e Chandebrito e menos dun 10% no resto da localidade. Esta continuidade nos traballos de implantación de fibra realizaranse unha vez se resolva o concurso público estatal de telecomunicacións 2020 para dotar de rede de banda o territorio.
"Somos conscientes de que é un tema vital para a veciñanza e de que temos que loitar para que as teleoperadoras rachen coa fenda tecnolóxica que existe entre o urbano e o rural. Hoxe en día internet supón o cordón umbilical do progreso e as parroquias do interior de Nigrán teñen que estar subidas a ese tren, non poden seguir no século XXI con velocidades efectivas menores de 1 MG”, indica o alcalde, Juan González.
O Concello xestiona coas teleoperadoras a ampliación no 2020 aos barrios restantes de Chandebrito, Camos e Parada e aos pequenos núcleos que restan na localidade
Ao longo de 2019 a fibra foi instalada en A Tarela e Telleira (Nigrán); Bouzavella, Gaifar, Madorra, Paraviñabal, Patos, Porqueira, Xermaña (Panxón); Con e A Carrasca (Parada); Abetos, Albores-Grande, Rouxo, Sanroman (Priegue); Cabreira, Cotros, Golada, Mallon, Praia America, Tomadas, Vilariño De Abaixo, Viso, Xesteira, Area, Monte Lourido (San Pedro); e núcleo da rúa San Roque, Xuncido, Balinfra e A Cruz (Camos). A propia contorna da Casa Consistorial foi cableada recentemente, polo que os usuarios de todas estas zonas xa a poden solicitar o servizo se é que non o están a recibir. "Moitas veces os propios veciños interesados descoñecen que teñen a opción de conectarse mediante fibra porque a propia base de datos das teleoperadoras non está actualizada oficialmente e, polo tanto, non se lles informa correctamente", incide o rexedor, quen engade que antes de fin de ano teñen a obriga de dispor de toda a información precisa ao día.
A fibra óptica é un fino fío de vidro ou silicio fundido que conduce a luz. Permite a transmisión dos datos de forma moi rápida porque se fai a través de impulsos de luz e é moi estable porque non se ve afectada por interferencias. A fibra óptica permite conectar simultaneamente varios dispositivos a Internet sen que haxa percepción de perda de velocidade. Ademais, permite utilizar sistemas de emisión e recepción de vídeo e voz con alta calidade de son e imaxe e permite ver televisión de alta definición ( HD) por Internet. A velocidade máxima que pode contratarse en ADSL é de ao redor de 30 Mb. mentres en fibra óptica comercialízanse velocidades de ata 300 Mb.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58