Os próximos 28 e 29 de Decembro, o Club Xadrez Mos organiza a VI edición do Torneo de Nadal Sub-2200. O Centro Dotacional de Torroso acollerá a 100 participantes nunha das últimas probas deste ano 2019.
Do mesmo xeito que a pasada edición, tratarase dunha proba de partidas clásicas, válidas para Clasificación Internacional, con ritmo de reflexión de 60 minutos por xogador/a.
Dende a organización do evento deportivo declaran que “esperamos recibir a xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e norte de Portugal do mesmo xeito que en pasadas edicións, que pechen un cadro de participantes con xogadores e xogadoras de diversos clubs, garantindo dúas xornadas de bo xadrez”.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 25 de Decembro, ou ata cubrirse un aforo máximo de 100 xogadores/ as.
A inscrición é gratuíta para os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos, e ten un custo de 8€ para o resto de participantes, sendo obrigatorio estar federado na tempada 2019 para poder participar na proba.
A directiva do Club Xadrez Mos concluiu expresando que “esperamos repetir o éxito da pasada edición no que respecta a participación e bo desenvolvemento da proba”. De seguro que así será.
Por un legado azul
Guía de Servicios Municipais en MOS - Información e Trámites
Préstamos de libros e sala de Internet
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.