GALICIA
1,2 millóns de euros para melloras en establecementos de aloxamento turístio
A aposta por un turismo de calidade é un dos principais obxectivos do Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos coa ollada posta no gran reto que para o sector suporá a celebración do próximo Xacobeo 21
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas en establecementos turísticos de aloxamento, incluídas no Plan MAT, das que se benefician 66 empresas galegas a través dunha convocatoria dotada con 1,2 millóns de euros.
A través delas, os beneficiarios poderán cubrir investimentos dirixidos a accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.
Comprende, así mesmo, iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento da contorna ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento nas súas diferentes tipoloxías.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os establecementos turísticos de aloxamento incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector, cunha antigüidade na actividade non inferior a cinco anos. Así mesmo, téñense en conta aspectos como a posesión de certificados ambientais ou a implementación de plans de igualdade e formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184