Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Jueves, 28 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOTOR

O novo Zoe incorpora fío reciclado nos seus tecidos

O Grupo Renault, inmerso nunha estratexia crecente de incorporación de materias recicladas aos seus vehículos, iniciou en 2015 o proxecto bautizado Àfiler xunto a Filatures du Parc (empresa de fiado de Tarn, en Francia) e Adient Fabrics France (provedores de tecidos para asentos de automóbiles de Ariège, Francia) co fin de deseñar un produto téxtil único, fabricado de maneira exclusiva a partir de materiais reciclados.


Grazas ao seu dominio do fío cardado e ás innovacións desenvoltas de forma conxunta, este produto téxtil (fabricado a partir de cintos de seguridade, retales de teas procedentes da industria do automóbil e fibras de poliéster extraídas da reciclaxe de botellas de plástico [PET]) reviste a partir de agora ao Novo ZOE nos acabados Zen e Intens. Cunha superficie total de 8 m², este tecido utilízase para fabricar fundas de asentos, o revestimento do cadro de mandos, o acabado da panca de cambios e os embellecedores de portas, e responde a estritas esixencias, principalmente en canto a confort, limpeza, resistencia aos raios ultravioleta e vida útil.


A subministración e a fabricación en ciclo curto do fío  cardado reciclaxe (sen transformación química ou térmica) permiten reducir en máis do 60 % as emisións de CO2 con respecto ao tecido anteriorde ZOE, froito dun proceso de fabricación estándar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.