Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Oito novos concellos reciben formación sobre administración electrónica

Ponse en marcha as sesións formativas para os equipos dos gobernos en Soutomaior, Gondomar, Lalín, Tui, O Grove, Catoira, Meis e Covelo

A Deputación de Pontevedra leva esta semana as xornadas formativas sobre administración electrónica dirixidas aos equipos dos gobernos a outros oito concellos da provincia. O obxectivo desta programación é dar a coñecer as principais funcionalidades e cambios máis relevantes da plataforma de administración electrónica “Gestiona”, da institución provincial, co fin de dar resposta a cada un dos cumprimentos marcados pola lei 39/2015 e a lei 40/2015.

 

En concreto,o luns a acción formativa tiña lugar en Soutomaior; o mércores 27 será a quenda do concello de Gondomar; o xoves 28 chegan as xornadas a Lalín; e, o venres 29 recibirán a formación os concellos de Tui e do Grove. Amais, no que respecta aos concellos de menos de 5.000 habitantes, o mércores 27 recibirán a formación nas dependencias da Deputación os concellos de Catoira, Meis e Covelo. A través das sesións formativas a institución provincial vai dotar de ferramentas e de información sobre a administración electrónica aos novos equipos de goberno.

 

Máis polo miúdo, darase a coñecer os diferentes libros de rexistro de entrada e saída, a utilización do xestor de expedientes, o acceso ás diferentes convocatorias na aplicación de órganos colexiados, activar as sinaturas electrónicas na nube e no móbil, consultar o rexistro e expedientes, visualizar os libros de actas, consultar experiencias ou presentar mocións e preguntas. En total, este novo plan de formación vai beneficiar a 53 concellos da provincia adheridos ao proxecto de administración electrónica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.