TOMIÑO
Os estudantes piden unha aplicación máis eficaz das leis contra a violencia de xénero
Alumnado de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou a canción “Ni una más” de Moni González
O Mercado Municipal acolleu o acto do 25N, que contou con numeroso público. A concelleira de Igualdade, Cristina Martínez, deu lectura ao manifesto contra a violencia de xénero, remarcando “a necesidade de desenvolver, por parte dos gobernos e organizacións, máis actividades de sensibilización sobre a situación de violencia e medo na que viven tantas mulleres”.
A concelleira achegou datos estatísticos, segundo os cales, a violencia de xénero é a causa principal de morte de mulleres de entre 15 e 44 anos. “Hoxe vimos vestidas de negro coma símbolo de loito pero tamén de loita por todas as persoas que sofren esta terrible situación”, explicou.
Seguidamente, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES Antón Alonso Ríos, interpretou a canción “Ni una más” de Moni González, cantada por Desiré Pereira.
E xa contra o final, tres compañeiras deron lectura outro manifesto, no que pediron que se apliquen con eficacia as leis contra violencia machista “para que a Xustiza nos crea e deixe de aplicar unha lóxica patriarcal; para que as mulleres sexamos donas dos nosos corpos e das nosas decisións sobre o aborto e a maternidade; para que a educación afectivo-sexual estea contemplada no currículo escolar dun xeito integral sen estereotipos sexistas, racistas e homofóbicos; para que non se nos recorten dereitos no traballo e teñamos unhas condicións dignas e estables; para que non se silencien ás mulleres na Historia; para poder volver á casa sen medo e para que homes e mulleres sexan libres por igual”.
Rematado o acto, a concelleira de Igualdade trasladouse coa artista Gemma Marqués até o Camiño do Latas, onde a última está a realizar un novo mural contra a violencia de xénero, coas súas mulleres da serie “Anónimas”, e que rematará nas próximas semanas.
Un ano máis, e xunto con máis dun centenar de vilas e cidades galegas, o Concello de Tomiño sumouse á campaña “En negro contra as Violencias”, polo que dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, animaron ao sector do comercio e a todos os axentes sociais e empresarias do municipio, a implicarse nesta acción colectiva, conseguindo un resultado moi bo, polo que dende a Concellería de Benestar fan chegar o seu agradecemento a todas as entidades participantes.
Por outra banda, o Concello de Tomiño desenvolve dende hai varios anos un Programa de Igualdade, dirixido a persoas que sofren violencia, e no que se pode atopar asesoramento xurídico, axuda para trámites e xestións, derivación a outros servizos especializados, solicitude de axudas, atención e acompañamento. Trátase dun programa totalmente gratuíto para as persoas usuarias, confidencial e especializado, integrado no departamento de Benestar do Concello, e ao que se pode chamar para pedir máis información ou cita previa ao teléfono 986 623 211.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171