Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Noa Álvarez e Zaira Pereira gañan o V Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero

O goberno de Ponteareas, a través da concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera, entregou  os premios do V Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero.


No marco da programación específica deseñada pola Concellería co motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero,  fixose entrega dos premios ao alumnado de primaria e secundaria para pasar á lectura do manifesto no salón de plenos da Casa do Concello.


Co obxectivo de facer das aulas espazos sen violencia, igualitarios e inclusivos donde se xere un coñecemento transformador que impulse os cambios necesarios para formar sociedades máis xustas, o alcalde Xosé Represas e a concelleira entregaron na categoría de primaria o 1º premio a Noa Álvarez Sampedro de 3º de E.P do CPR Santiago Apóstol, o 2º premio foi para Aarón Manuel Misa Cabaleiro de 4º de EP do CPR Santiago Apóstol e o 3º premio para Xoana Lourido Nieto de 6º de E.P tamén do Santiago Apóstol.


Na categoría secundaria o primeiro premio foi para Zaira Pereira Pérez de 3º do IES Val do Tea, o 2º premio para Katy Fernández Berdulles de 4ºC do IES Val do Tea e o 3º premio para María Fernández Míguez de 3º do IES Val do Tea.


Baixo o lema “facer fronte ás violencias machistas” o alumnado esixíu no seu manifesto unha sociedade igualitaria da que todos e todas somos responsables podendo aportar no noso día a día o gran de area preciso para rematar non só coa violencia de xénero se non tamén coa desigualdade de xénero. O número de vítimas por violencia de xénero, os baixos salarios das mulleres respecto aos dos homes, a taxa de desemprego das mulleres e un longo etc de exemplos que o noso alumnado recordou nesta lectura.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.