Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Jueves, 28 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Este sábado impartirase un curso gratuíto de autodefensa para mulleres

Dentro da campaña “Tui en Negro” que se está a desenvolver en Tui promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, este sábado impartirase o curso  “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”, que foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.


Celebrarase no pavillón do CEIP nº2 de 10 a 14 h e de 17 a 20 h. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.  Vai destinado a mulleres maiores de 18, ou maiores de 16 con autorización da súa nai, pai ou titor/a.


As mulleres interesadas en realizar o curso, que ten carácter gratuíto, deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.