MOS
Os socialistas molestos pola renuncia do Concello ao Plan de Mobilidade Urbana Sustentable
O Concello de Mos renunciaba a esrta subvención para a redacción do Plan de Mobilidade (PMUS), que é requisito para obter fondos europeos xestionados polo IDAE, a Deputación e a Xunta de Galicia
O PSdeG-PSOE de Mos preguntou no Pleno do pasado luns para que a alcaldesa aclare os motivos polos que renunciou a unha subvención de 20.000 euros, concedida pola Deputación Provincial, para a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS), un documento que é requisito para acceder a fondos europeos en materia de mobilidade e medio ambiente intermediados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE), a Deputación e a Xunta de Galicia.
Victoria Alonso, voceira do grupo municipal socialista, aclara que Mos logrou unha subvención da Deputación xunto con outros 41 concellos da provincia. En función da súa poboación, correspondéronlle 20.000 euros, suficientes para cubrir ata o 75% do coste de redacción do PMUS. Tal foi o éxito da convocatoria da Deputación que a partida inicialmente prevista para a provincia tivo que incrementarse dos 300.000 euros aos 600.000 euros.
Só dous concellos da provincia de Pontevedra, Campo Lameiro e Mos, renunciaron á subvención outorgada inicialmente. A explicación da concelleira Julia Loureiro foi que o ter o PXOM recentemente aprobado non fai falla ter PMUS. Victoria Alonso di que con esta actitude o Goberno local Mos non está comprometido na redacción dun plan que avoga pola mobilidade sustentable e que é requisito para optar a fondos europeos en materia de proxectos urbanos, aforro enerxético e mesmo rehabilitación de edificios.
A voceira socialista lamenta que Mos quede condenado a non poder optar a fondos europeos en materia de mobilidade e medio ambiente, dado que o PMUS é requisito esixido nas convocatorias. “A veciñanza pagará moi caro o prezo do desleixo e incompetencia dun Goberno municipal anticuado e preguiceiro, que prefire enganar á xente con espellismos en lugar de sentar as bases dun desenvolvemento económico racional e baseado na calidade de vida e a saúde das persoas”.“O grave”, insiste Victoria Alonso, “non é que se renuncie a unha subvención de 20.000 euros, senón que se pecha a porta a futuros investimentos que outros 40 concellos da provincia si van poder realizar e que iremos vendo nos próximos meses e anos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11