GALICIA
A Xunta elaborará un Plan de apoio ás familias monoparentais
A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou nun seminario sobre a situación destas familias organizado por EAPN-Galicia
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou hoxe que a Xunta de Galicia elaborará un plan de apoio ás familias monoparentais ao abeiro da nova Lei de impulso demográfico. Díxoo nun seminario de EAPN-Galicia sobre este modelo de familia que se celebrou na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Fabiola García tamén apuntou que neste novo marco normativo ampliarase o concepto de familia monoparental e crearase un rexistro específico, co obxectivo de darlle a estas o protagonismo que merecen. Deste xeito, o Executivo autonómico dá un paso adiante máis no recoñecemento da importancia que teñen as familias monoparentais, toda vez que xa desfrutan dunha categoría de especial consideración que lles concede beneficios en ámbitos como os da vivenda, a educación ou emprego, entre outros. Así, estas teñen vantaxes á hora da adxudicación de prazas infantís, na concesión de axudas do Bono concilia e o Bono coidado ou no acceso a unha casa niño.
Ampliarase o concepto de familia monoparental, crearase un rexistro e elaborarase un plan de apoio específico
A conselleira garantiu o compromiso do Goberno galego de continuar a traballar polo benestar de todas as familias, sexan cales sexan as súas circunstancias ou dimensións, con especial atención a aquelas que máis o precisen. Neste sentido, apuntou a que este seminario é unha boa oportunidade para que xurdan propostas que melloren a calidade de vida das familias monoparentais.
Neste seminario de EAPN-Galicia tamén contou coa directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, que participou nunha mesa de diálogo sobre a loita contra a pobreza nas familias monoparentais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184