Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta destinou nos últimos 4 anos máis de 2,6 m € para a inserción laboral de vítimas de violencia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe a Asociación de Empresarios de Mos, que recibiu desde 2016 uns 280.000 euros ao abeiro destas axudas para contratar a unha trintena de mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a Asociación de Empresarios de Mos, unha das organizacións beneficiarias da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres vítimas de violencia de xénero en situación de desemprego.

 

A convocatoria deste ano conta cun orzamento de 659.719 euros no marco do desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, dos que 165.247 euros se concederán neste exercicio e os 494.471 restantes en 2020. Nos últimos catro anos, o Goberno galego investiu máis de 2,6 millóns de euros neste programa que permitiu a inserción laboral de 289 vítimas de violencia de xénero.

 

No caso da Asociación de Empresarios de Mos, na convocatoria actual recibirá 70.000 euros para empregar a seis mulleres, que se suman aos 280.000 euros que percibiu ao abeiro destas axudas da Xunta desde 2016 e a través das que levou a cabo a contratación dunha trintena de mulleres vítimas desta lacra.

 

López Abella destacou que as vítimas de violencia de xénero precisan ferramentas para incorporarse a un posto de traballo porque supón un paso fundamental para lograr unha maior autonomía ao acadar a independencia económica. Nesta liña, incidiu en que a falta de recursos propios, en especial dun emprego, dificulta en moitas ocasións, a ruptura coa situación de violencia. Por iso, este programa da Xunta contribúe precisamente a apoiar ás vítimas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para a súa recuperación integral.

 

 

 

 

Este programa permite o desenvolvemento de itinerarios personalizados que favorezan a integración das vítimas no mercado laboral e así avanzar na súa recuperación integral

 

 

 

 

Entre as accións subvencionables inclúense itinerarios de inserción que aborden un plan de acción personalizado para a busca de emprego de cada muller participante, o asesoramento na busca ou a mediación laboral e o contacto con empresas xestionando posibles ofertas. Outras actuacións están dirixidas á formación para o emprego, co obxectivo de capacitar ás participantes para o seu acceso ao posto de traballo cunha actualización e mellora das súas competencias profesionais.

 

A Xunta tamén financia a través destas axudas actuacións de apoio á conciliación, ao poñer á súa disposición servizos de atención persoal ou familiar, no fogar ou nun recurso comunitario, coa finalidade de facilitar a participación destas mulleres nas actividades do seu itinerario de inserción sociolaboral ou de formación para o emprego.

 

Axudas a entidades locais
Por outra parte, o Goberno galego puxo en marcha por primeira vez este ano outra orde de axudas para fomentar a contratación de vítimas de xénero nas entidades locais galegas. A convocatoria deste ano, dotada cun orzamento inicial de 800.000 euros, foi ampliada en dúas ocasións ata acadar preto de 1,6 millóns de euros. Estas ampliacións permitiron a contratación de 79 mulleres en 12 concellos galegos. O municipio de Mos foi un dos beneficiarios destas axudas, cunha aportación de 259.228 euros da Xunta á contratación de 11 mulleres que sofren violencia de xénero para a relacións de obras ou servizos de interese xeral, ata un máximo de 12 mensualidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.